domingo, 3 de febreiro de 2008

** Carnaval, Carnaval, quérote !!!!!

Carnaval, carnaval!!!! Ola amig@s de A.L.M. O Jaime máis eu atópamonos disfrutando uns días do carnaval na terra do meu home: Xinzo de Limia. Estámolo pasando de medo porque ós dous gústanos moito o de disfrazarnos. Temos máis perigo que Piraña nunha tenda de comestibles Aquí, como en Verín e outras zonas de Galicia, o carnaval vívese cos cinco sentidos. E vos ¿disfrazáchevos? ¿De que vos ides disfrazar ou de que vos disfrazaches? Nós disfrazámonos de Epi e Blas. Jajajajaja, que risas. ¿Que carnaval vos gusta máis: Xinzo, Verín, Pontevedra, O Grove, A Illa de Arousa,....? Eu quédome con estes, aínda que o de A Illa de Arousa tamén me gusta moito. E o desfile do Ravachol en Pontevedra tamén é moi recomendable. É algo distinto.
Aproveitando que estamos en Carnaal anímovos a que nos contedes anécdotas que vos pasaran en algún carnaval e de paso, se tedes vídeos ou fotos que nolas envíedes. Namentres, póñovos uns vídeos que quitei de Youtube. E déixovos que nos voltamos á festa na rúa. Deica!!



>> CORREDOIRO XINZO DE LIMIA 2008



>> SAETA RAVACHOL (Pontevedra 2006)


>> CARNAVAL NA ILLA DE AROUSA


>> CHIRIGOTA "LOS DE LA CARPA" 2008




UN ARTIGO DE: Patri
Administradora axudante de A Lareira Máxica

2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

pois supoño que un dos entroidos máis fermosos de toda Galiza será o de Laza, Xinzo ou Verín, hai anos e anos que quero ir a ve-los peliqueiros, os choqueiros, pantallas ou cigarróns e inda non tiven oportunidade de ir, éste era o ano no que tiña intención definitiva de ir aló pero tampouco puido ser, asi que desfrutarei do da nosa cidade, Pontevedra, inda que dende hai uns cantos anos xa non me disfrazo, o mellor dia sen dúbida o do enterro do loro Ravachol.

un saúdo e parabéns polo blogue
www.breo.blogaliza.org
outro blogue de Pontevedra

Toupeira dixo...

Desexo que o pasedes moi ben e que teñades bo tempo.
Saúdos