** Un actor e un presentador/humorista dixéronnos adeus
Hoxe entérome da morte do actor galego Tuto Vázquez -en realidade este actor ribeirense chamábase José Manuel Váquez-, de longa traxectoria no mundo do teatro, dobraxe (a súa inconfundible voz podémola escoitar en moitas películas que se emiten na TVG), cine e televisión, que moit@s recordaran por facer o personaxe de "Ramón Couto" (o rico empresario de Portozás, en Mareas Vivas) ou o seu último como "Don Crisanto" en Padre Casares, serie que tería que deixar por motivos de saúde e na que de xeito precipitado lle tiveron que buscar substituto que encarnara o seu personaxe de vello cura cascarrabias, pero moi querido e apreciado. Tan querido e apreciado coma na vida real. Unha gran perda.
Asemade, hoxe tamén finou o que fora dobrador e presentador de televisión, Jordi Estadella. Presentou, entre outros programas, No te rías que es peor, e logo Un, Dos, Tres con Miriam Díaz Aroca, ou El Semáforo, estes tres en TVE a principios dos anos 90. ¿Quen non lembra o seu traxe negro de pajarita?
Descansen en paz dúas persoas que tanto nos fixeron rir e que nos deleitaron co seu bo facer.