domingo, 11 de abril de 2010

** ..E conquistouse a capital por partida dobre


SAN XENXO. Julio Torres


A viñeta gráfica publicouse nun xornal deportivo hai tres semanas. ..E finalmente foi flipante xa que se conquistou por partida dobre Madrid: en fútbol (partido de onte, que rematou coa victoria do F.C.Barcelona por 0-2) e nos cuartos de final da Liga Europea de baloncesto, na que o conxunto azulgrana venceu os dous partidos xogados en Madrid (amáis dun gañado na cidade condal) e clasificouse para disputar a Final Four en París.

Onte, amais, o Barcelona tamén se impuxo no derbi en Baloncesto: gañoulle ó Real Madrid no Palau Blaugrana. Vamos un fin de semana tinguido de azul e grana. Agora hai que seguir adiante e gañar máis partidos nestas competicións, para tentar acadar algún título. Non vai ser nada fácil.

0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :