** Un actor e un presentador/humorista dixéronnos adeus
Hoxe entérome da morte do actor galego Tuto Vázquez -en realidade este actor ribeirense chamábase José Manuel Váquez-, de longa traxectoria no mundo do teatro, dobraxe (a súa inconfundible voz podémola escoitar en moitas películas que se emiten na TVG), cine e televisión, que moit@s recordaran por facer o personaxe de "Ramón Couto" (o rico empresario de Portozás, en Mareas Vivas) ou o seu último como "Don Crisanto" en Padre Casares, serie que tería que deixar por motivos de saúde e na que de xeito precipitado lle tiveron que buscar substituto que encarnara o seu personaxe de vello cura cascarrabias, pero moi querido e apreciado. Tan querido e apreciado coma na vida real. Unha gran perda.
Asemade, hoxe tamén finou o que fora dobrador e presentador de televisión, Jordi Estadella. Presentou, entre outros programas, No te rías que es peor, e logo Un, Dos, Tres con Miriam Díaz Aroca, ou El Semáforo, estes tres en TVE a principios dos anos 90. ¿Quen non lembra o seu traxe negro de pajarita?
Descansen en paz dúas persoas que tanto nos fixeron rir e que nos deleitaron co seu bo facer.
4 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Descanse en paz, viviran nos nosos recordos.
Bicos meigos
Tuto Vazquez sempre representou persoaxes moi da nosa terra. Ainda que sempre en papeis secundarios, sempre amosaba ser unha persoa dun carisma especial, casi coma da familia. Incluso nos papeis pequenos como as súas interpretacións na serie "Pratos Combinados", amosaba unha interpretación moi agarimosa, divertida e entrañable.
Outra perda, a de Jordi, sorprendeume moito. Sempre o recordaremos coa sua simpatia, pero mostrando unha gran profesionalidade.
O meu mais sentido pesame as suas respectivas familias, pois son dúas persoas irremplazables na miña memoria.
Estes días foron de moitas perdas o meu carón...unha magoa...saúdos
Unha magoa e ningún dos dous érache moi maior. Saúdos e apertas
Publicar un comentario