** A amistad e os amigos
O tema de hoxe préstase á filosofía e daría para facer un longo artigo. Neste caso vou facer unha síntese da miña opinión. Outro día, si acaso, exténdome máis….
Quería tratalo porque hai unhas horas lin un artigo que me gustou moito nun blog amigo. Era unha reflexión intimista e moi reflexiva que denotaba preocupacións, inquedanzas e madurez. Todo contado cun estilo sincero e directo e ben, moi ben redactado. Non se podía dicir tanto en tan pouco espacio…Pois ben, no seu seo agachaba un tema subyacente: o da amistade. Fixen un comentario desa reflexión con moito gusto. Prestábase a opinar bastante.
De todo o que dicía a súa autora, vou rescatar un breve extracto, co seu permiso, Textualmente recollía: “…Quiero a mis amigos, pero también quiero ser feliz y sólo yo sé quién o que me hace feliz y los que me quieren tendrán que respetar mis decisiones, sin tratar de cambiarlas ni criticarlas, esos me demostrarán ser en verdad mis amigos”
Nesta ocasión creo que o texto fala por si so.
Hai moitas clases de amigos. Quizás as dúas máis coñecidas sexan as de amigo e colega. Persoalmente, considero que os colegas non necesariamente van a ser os teus mellares amigos, ó contrario do que moita xente pensa. Un colega é unha persoa coa que te podes ir de copas, divertir, etc. pero non ten porqué ser un bo amigo. Pode ser un colega de xoldras, trasnadas,….
Un amigo, trascende esa relación. Vai máis alá. Un amigo é unha persoa na que confías plenamente, que sabes que está ó teu lado para o bo e para o malo. Un colega posiblemente so acepte estar contigo nos bos momentos, pero é unha relación máis superficial, moitas veces banal e establecida por un interés común.
O término “amigo” podería pensarse que é xeral. Para min non o é. Eu podo ter moitos coñecidos, compañeiros,colegas… pero para min un AMIGO escríbese en letras MAISCULAS. Podo ter moitos compañeiros e compañeiras, coñecidos e coñecidas, colegas...pero OS AMIGOS E AMIGAS teño menos, é un pequeno grupo de persoas, nas que confío, e que demostran confiar en min. Coas que podes falar sen temor a que o falades llo vaian contar a terceiras persoas. Se hai amistade de verdade, a confianza é un valor supremo.
¿Podería contarlle calquera cousa a un colega de xoldras sabendo que llo vai contar a outra persoa aínda que cho negue? Non. Pois entón será colega pero non amigo. É o que penso.
Rezaba un dito que "quen ten un amigo ten un tesouro". Éche así. Un amigo é o máis parecido á túa parella sen selo, porque se é UN AMIGO estará contigo nos bos pero tamén e, sobre todo, nos malos momentos.
A amizade hoxe en día é un valor moi preciado. Nunha sociedade excesivamente individualista, ter un amigo que te apoie no bos momentos é fácil, pero nos malos momentos non é tan doado. Como se soe dicir vulgarmente os bos amigos demóstrano nos teus peores momentos...
REMATO:
O verdadeiro amigo é aquel que sabe que podes ter tódolos defectos do mundo, pero incluso así te chama amigo
Vouno deixar aquí, porque senón podería seguir e seguir filosofando….Iso será outro día.....
¿E vos que opinades dos amigos e da amizade?
----------------------------------------------------------------------------------------------------
Escrito por: Julio Torres
P.D.: o primeiro debuxo está en portugués pero creo que se entende ben a idea a transmitir.
10 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Por suposto que tes o meu permiso para citar os meus artigos, telo máis que gañado, dende hai moito tempo, pero aínda así, non podo evitar avergonzarme un pouquiño de sentirme tan importante.
Non sei que dicirche, o artigo di as cousas cunha claridade innegable, tal e como as penso eu de feito e sen reviravoltas. Gustoume, gustoume moito, agora máis que nunca. Sei porque o digo. Un saúdo. Romy
Rommy, gracias polo comentario. Desde este momento doulle o título honorífico de ter sido a primeira internauta en participar no meu blog. A ver se toma nota o resto da xente. Cónstame que hai máis xente que visita ó blog a diario, pero no se atreve ou non quere facer un simple comentario.....
O comentario pode ser da extensión que queirades, desde unha palabra ata o que vós estimedes...
Gustaríame que o resto da xente opinara algo, polo menos de vez en cando, xa que iso anima a seguir actualizando esta páxina a diario....
Un simple comentario. Por supuesto quen amigo es alguien grande, alguien que estará y te aceptará en los momentos más bajos y en los buenos. Un amigo será el que conoce todos tus errores, te acepta como eres y sigue estando a tú lado.
Colegas, compañeros, podemos tener muchos. Pero los verdaderos amigos, son escasos, pero son grandes.
Respecto a opinión que teño dos amig@s, éche máis ou menos que a mesma, podería resumila no que lle comentaba o outro día a unha compañeira: "Se tí non es capaz de ver os defectos dunha persoa e aceptala tal e como é, non contes con ser a súa amiga". Pódese decir que amig@s haiche ben poucos, con pouca xente tes esa conexión especial que fai que poidas confiar, xa que sabes que máis que unha crítica o que vas recibir é unha compresión e consello. Aos meus amig@s non os "critico", dígolles sen tapuxos o que opino, e aceptan as miña opinión igual que eu acepto as súas.
Feliz Ano a tod@s!!!
Bo día!
Creo que lin este artigo fai moito, coincido plenamente contigo Julio.
Compañeiros podemos ter moitos pero amigos cóntanse cos dedos dunha man, son realmente un verdadeiro tesouro.
Por suposto un amigo acepta o bo e o malo dun, é moi grande.
A verdade é que si, quen ten un amigo ten un tesouro.
...e van pasando os anos e por aquí seguimos. ¡Feliz día, felicidad sempre!
Hai xa máis de oito anos que escribín este artigo e, agás matices, sigo sendo da mesma opinión.
Por suposto, ti eres unha desas magníficas AMIGAS que teño o gusto de ter, con maiúsculas. E por moitas décadas máis!!. E moita gracias pola felicitación.
NOTA: Para os que sodes seguidores desta páxina pero non desde o seu primeiro ano,no seu día había dúas María en A Lareira Máxica, e unha delas acordou rebautizarse como MariaM.
¿Matices? Pois, como se che dea por "matizar" todo o que levas escrito no blog inda vas ter traballiño ja...ja...
Bueno, foron bos tempos aqueles das dúas Marías. Supoño que se van queimando etapas.
¡Saúdos!
Expreseime mal: sigo pensando exactamente o mesmo. O que pretendía decir é que sempre se podería falar dalgunha clasificación a maiores,como xa fixen con posterioridade, pero a diferencia entre colega e amigo non variaría.
Co dos matices referíame ós tan famosos "amig@s" do face, que verdadeiramente se deberían chamar doutra forma pois non todos son AMIGOS DE VERDADE. Quizás os amigos do face se deberan encadrar na de Colegas.ou simplemente "amigos do face".
Polo demais, sigo pensando que os verdadeiros AMIG@ son un grupo reducido pero de incalculable valía. O resto poden ser colegas, compañeiros, coñecidos, etc pero o grado de relación non é tan grande.
OS E AS BOS E BOAS AMIGO/AS SON PARA TODA A VIDA.
NOTA: Desde xuño de 2013 xa non teño face é non o boto en falta. Coido que, como dixo alguén, polo face sabes máis ben que non son grandes amigos, máis que os que son grandes amigos.
Para os amigos de verdade non fai falta ter o face.
Por certo, é en relación ó face lembrade que o face de A Lareira Máxica xa non o fago eu senón a AMIGA Patricia Loureiro. Quero deixalo ben claro, pois según me di Patricia a xente pensa que o sigo facendo eu. Servidor so escribe no blog. Quen sube, edite e fai todo no face é Patricia Loureiro. Moitas gracias Patri. Un saúdo para tódolos seguidores e seguidores de A Lareira Máxica no face.
E paro de facer matizacións que logo, como moi ben di a AMIGA Mariam, tería para escribir moito.
Os meus e as miñas AMIGAS desde aquí un gran abrazo.
Publicar un comentario