luns, 19 de xuño de 2006

** Remontada psicolóxica


Hoxe toca fútbol de novo. Vou a ser moi breve para non aburrir ós que non lles gusta este deporte.

Xogaba España con Túnez. O primeiro tempo remataba coa derrota momentánea da nosa selección 1-0 frente ós tunecinos. O resultado mantívose ata ben entrada a segunda parte. O que vos escribe confiaba pouco en que España fose capaz nin tan sequera de marcar. Moitas oportunidades falladas. Parecía o caso do Pontevedra C.F.....

Nisto marcou Raúl, e catro minutos despois Fernando Torres o segundo, sendo ampliados minutos máis tarde cun terceiro gol de penalti flagrante.

Máis que o feito de gañar, que o mereceu polo que fixo na segunda metade, quédome coa capacidade de reacción de España, que soubo darlle a volta a un resultado adverso. Iso psicoloxicamente é un factor moi importante para gañar en confianza e autoestima. Incluso xogando ben e tendo oportunidades podían atoparse con que non eran capaces de meter goles. Por bastante tempo foi así, pero ó final conseguiron derrubar a muralla tunecina.


Agora so espero que esta capacidade de reacción e de non virse abaixo tamén a amosen noutros partidos que se lle poidan complicar (claro está que mellor sería que gañaran os partidos sen complicacións, pero a vida non é color de rosas....hai que ser realistas).

Saber ter paciencia, manter a concentración, e poder concretar a remontada dice moito dos xogadores. Pero se nun partido futuro non o levas adiante é suficiente para quedar eliminados. Tampouco hai que pecar de arrogantes e excesivamente confiados. Os extremos son malos.

Co resultado de hoxe, gañe, empate ou perda con Arabia Saudí no último partido da primeira fase, a nosa selección xa está clasificada como primeira de grupo. Agora van principiar as finais a un so partido. O primeiro rival en octavos será Francia (non sei porque me da que vai ser Francia), ou Suiza-Corea del Sur (dependendo cómo queden no partido no que ambas seleccións se van a medir).

Sexa como fose, hai que pasar de cuartos e chegar a semifinais, o cal sería un logro importante, o que non pase de aí, sería dicir aquilo de "La vida sigue igual", por moi primeiros de grupo que quedaramos (xa conseguido o de ser primeiros).

Confío, espero e desexo que España chegue o máis lonxe posible. Pero toda precaución e prudencia é pouca. E ás hemerotecas me remito.....

0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :