venres, 23 de xuño de 2006

** A noite máxica de San Juan


23 de Junio. Unha data moi sinalada no calendario. Celébrase a noite de San Juan e a chegada do solsticio de verán. É unha noite chea de simbolismo máxico e tamén asociada a xoldra e a pasalo ben. As fogueiras inundan co seu lume toda a xeografía española. Ö seu pé a xente disfruta da noite, comendo sardiñas….

De sempre foi unha noite que me gustou, e moito. Moitas lendas circulan ó redor desta noite. Poderíanse encher folios e folios, e se buscades en bibliotecas ou mesmo en internet encontraredes de todo…..

Saltar a fogueira de San Juan é “o acto central” da celebración. Pero, como todo, hai que principiar polo principio, o que supón xuntar todo aquilo que vai facer arder a nosa fogueira. E canto máis alta, pois mellor…..

Logo de rematadas as fogueiras, especialmente nos pobos, existe a tradición de facer trasnadas e levar as cousas do seu sitio. Os carros eran antiguamente as estrelas destes actos feitos con alevosía e nocturnidade, e nunca mellor dito. No meu pobo aparecía ó día seguinte pola mañán enriba do palco da música ou noutra lado. As cancelas son as outras grandes afectadas…..


Anécdotas hai moitas. Incluso teñen levado carros con xente dentro, que pretendía facer garda de noite para que non llos levaran pero que avanzada a noite foi abatada por un incipiente sono profundo…..Logo ó despertar, a súa situación xeográfica cambiará bastante….”¿onde estou?”…

Claro que hai bromas de mal gusto porque no medio sempre hai vándalos que entenden estas trasnadas dun xeito menos “simpático” e rompen cousas ou déixanas en mal estado. Isto non é……

Outra das tradición é lavarse ó día seguinte pola mañán, no día de San Juan, a cara con herbas de San Juan e outras flores, purificadas pola noite…


O baño das nove ondas na praia de Foxos, situada preto da ermita da Lanzada, é outra dos ritos para as mulleres que non poden ter fillos os teñan. Se ben aquí, tamén se poden toma-la noite da festa da Virxe da Lanzada, que se celebra a última fin de semana de agosto.

Disfrutede da noite pero non cometades excesos…..Carpe diem (incluida a noite…)

0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :