** Os primeiros comentarios vosos!!
Cando o 1 de maio deste ano din vida a este blog foi cunha dobre intención:
1- Poder pór en funcionamento un blog no que poidera escribir todo aquilo que me apetecera escribir
2- Que fomentase a partipación dos que entrarades no blog: que comentarades os meus artigos así como poder redactar os vosos propios artigos para logo colgalos neste blog.
Ata o momento, o blog estaba sendo bastante visitado, pero non era participativo. Ata hoxe. Leveime unha moi grata sorpresa cando hoxe, Rommy me comentou que me enviara dous comentarios sobre dous artigos meus...¡que boa noticia!. Non esperaba menos de ti Rommy. Sabes que me gusta que comentes cousas e que te animes a publicar algo teu. Sei que o vas facer. Por este motivo, moitas gracias!!!!.
As dúas opiniós refírense óa artigos "Hoxe é...martes e 13 ¿supersticioso?" e "a amistad e os amigos".
Que sepas que son os dous primeiros que se fan no blog, polo que, para sempre, vaiche quedar o título honorífico de ter sido a primeira internauta en estrear os comentarios desta páxina (a pesar de que non sexa nada do outro mundo)....
Agora falta que o resto vos animedes. Gustaríame moito. Así que animádevos. Entre tod@s podemos facer un blog mellor. Non so con artigos, senon con suxerencias e outros consellos. Xa sabedes que estou aberto a tódalas propostas e tereinas en conta.
Boto en falta a partipación dalgunhas persoas en concreto. Confio en que non me decepcionen e se animen a participar no blog do xeito que consideren máis oportuno: cometntarios, artigos, paranoias, consellos, suxerencias,.....
Un saúdo a tod@s!!!!
P.D.: Espero que che gusten as fotos...Xa che dixen que tería premio...As promesas hai que cumprilas. Hai que tratar de que sexa así, senón terían razón "Los Piratas"´cando falan das promesas que non valen nada.
3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
A foto da praia penso que che vai resultar moi coñecida. Rescateina dun blog de Noia....Un saúdo.
Si a verdade e que me resulta familiar, porque esa é a plaia das Gaviotas, e a foto saqueina eu unha tarde... vou moito por alí a pasear e a pensar nas miñas cousas. Va que é preciosa? Un saúdo.
Xa dicía que che ía a sonar.jejej!!!. Está moi ben.
Publicar un comentario