** Hoxe é....martes e 13 ¿supersticioso?
Xa había tempo que non caía en martes. Non lembro cando foi o último. Tampouco sei porque o número é maldito. ¿por qué ese e non outro?.
Pero empecemos polo principio. Hoxe é MARTES e 13. Os supersticiosos estarán desecando que pase o día canto antes. A min pois dáme igual. O do martes é 13 é unha tontería….
A ver porque hoxe e non mañán o de pasar por debaixo dunha escaleira, ou que se che cruce un gato negro,….¿Por qué un día 13? Que ten de maldito este número e non o 19, o 66 ou o 69….¿E por que un martes e non un mércores? De feito, cando nos cabremos dicimos “mércores” e non martes….
Son so unhas simples refexións. Ó final creo que se reduce todo a que hoxe é o día dos supersticiosos, como outro é o día mundial sen tabaco, o día da muller traballadora, o do pai, o da nai, e un longo etc.
O que digo sempre, cando nos queiramos dar de conta cada día do anos estará adicado a unha cousa distinta. E iso será porque o resto do ano non hai pais, nais, bicicletas, tabaco, enfermedades, etc. Que absurdo!!! Tódolos días pode pasar de todo. Entón ¿por qué reducilo a un so día?
¿Resposta? Nalgúns casos ten afán comercial ou recaudatorio para determinados fins, noutros nin iso. É o caso do martes e 13. De momento non venden gatos negros ou números xigantes ou nada parecido para fomentar o consumo, pero tempo ó tempo…que todo pode ser…
Se nos documentamos sobre o tema podemos atopar numerosas explicación sobre porque o martes e non outro día, por qué o dos gatos negros, o da escaleira,etc., pero aínda así, non sei.
O curioso é que para algúns, todo o contrario, isto é, para algunhas persoas o martes e 13 e un día máxico que trae sorte. Está claro que non sempre chove a gusto de todos. Lóxico.
Os detractores do martes 13 apoíanse para justificar a maldición de tal data en que que na “Última Cena” había 13 comensais, en que a cábala daba conta de 13 espíritus do mal; a chegada do Anticristo e a Besta recóllense no capítulo 13 do Apocalipsis; no Tarot este díxito fai referencia á morte; Eva tentou a Adán coa mazán un martes e 13, a mesma data en que se produciu a confusión de lenguas na Torre de Babel. Amais parece ser que o Tarot fala do 13 como o número asociado á morte. Entre outros, estes son os grandes motivos da maldición do número 13.
¿E do martes? A parte do suceso da Torre de Babel, dise que garda relación con que "Marte", según a mitoloxía grega, é o deus da guerra, polo cal o día martes está rexido polo planeta vermello, o da destrucción, o do sangre e a violencia.
Pola contra, o día da superstición en EE.UU. e noutros países de cultura anglosajona consideran o día “malo” o venres 13 e non o martes, porque argumentan que foi o venres o día no que se crucificou a Xesús. De feito, se lembrades as famosas películas Venres 13 de terror utilizan o reclamo desta data. E en internet existe o virus venres 13…..
¿E que teñen que ver os gatos negros no tema da superstición? Curiosamente isto non foi así sempre, xa que alá polo ano 3.000 a.C., tiña carácter sagrado e estaba prohibido matalo. Se morría algún gato negro, toda a familia tiña que acudir ó enterro.
Cos gatos negros detívose a peste negra que invadiu a Europa durante 100 anos, pero a pesar disto seguimos tendo asociados ós gatos negros á brujería e ós feitizos. A idea de que non poidamos cruzarnos con eles parece ser que ven da Idade Media. Entón as rúas enchéronse de felinos, sobre todo negros. As vagabundas ían con eles a tódolos sitios, e durante a Inquisición acusábnas de bruxería xunto coas mascotas.
Ah!! e se querías casarte nun martes e 13 mellor cambia de idea non vaia ser...De tódalas formas non coñezo a ninguén que se case a principios de semana.....
Todo o que acabo de cometar está recollido en moitos libros, en internet, e na mesma tradición popular. Aquí so me fixen eco dalgunhas cousiñas para ilustra-lo tema…..
Sexa como fose, vaia para os máis escépticos nestes temas o dito popular: “non creo nas bruxas pero habelas hainas”. Que cada un saque as súas propias conclusión.
2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Como ben dicía un "optimista" amigo meu, hai días malos e días peores, na nosa cultura consideramos o martes trece día de mala sorte, e en china, xapón e mais culturas e un día de boa sorte. Antes o día considerado de mala sorte era o venres, e sen embargo a min cando cadra en venres pareceme máxico, e teñenme pasado cousas para non esquecer, pero polo bonitas ke eran. Non sei, non creo ke dé mala ou boa sorte, ainda ke pode coincidir que sexa un mal día. Un saúdo. Romy
Nin todólos martes ou venres 13 teñen que ser malos ou bos. Os días malos e bos téñense sexa 2,5,7... e luns, martes, mércores....
Se nun martes ou venres 13 tés un mal día é simple coincidencia. Ó final esa data é algo psicolóxico tan so...´
Gracias Rommy polo comentario.
Publicar un comentario