sábado, 16 de febreiro de 2008

** O telexornal de Galicia TV en castelán!!!!!!!!!!!!!!!!!

Onte pola noite estaba vendo a canle dixital da galega. En principio está destinado para Galicia TV América. Chamoume sobremaneira a atención que o telexornal das 00:30 vai en......castellano. Sí, o presentador Manuel Torrente falando en castelán. Ver para crer. Descoñezo se é algo que se ven facendo desde hai tempo. Dáme que sí. Non o entendo. Eu cría que o obxectivo principal da CRTVG era a difusión e potenciación do idioma galego. Entón, ¿por que un telexornal nocturno en castelán? A maior abondamento, o resto da programación é en galego.

A miña opinión é que debería este telexornal debería emitirse en galego. Sí, xa sei que vai para os países de fala hispana de América, pero se o obxectivo é potenciar o idioma, coido que así non se consigue. Se o que pretenden é informar do que acontece en Galicia e España, para iso xa teñen a canlde de TVE-Internacional.

Por certo, oxalá que o galego que se fale alí se identificase co que fala o pobo e non fose tan artificial. Será normativo, pero so eles e os lingüistas o falan.

Doutro lado, creo que xa é hora de que tódolos anuncios da TVG se emitan en galego. Sí, xa sei que depende da vontade dos anunciantes, pero a estas alturas e, logo de máis de vinte anos de TVG, xa é hora.

Non quero malentendidos: son galego falante, aínda que son partidario do bilingüismo (para mostra: A Lareira Máxica, que admite artigos en galego e en castelán). Nembargantes, neste caso creo que se ó fin principal dunha televisión é a difusión do noso idioma, creo que se debe falar so en galego na radio e televisión galega. Outra cousa é o idioma que se poida empregar no mundo da educación ou noutras institucións. Aí estou a favor do bilingüismo.

¿Vós que pensades de todo isto?




UN ARTIGO-OPINIÓN ELABORADO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

Que a galega ofreza un telexornal en castelán e como se en TV3 internacional emiten un telexornal en castelán. ¿A que a ninguén se lle ocorre? Será que os galegos sómosche moi listos.
Sobre o dos anuncios quero dicir que en TV3 non emiten anuncios que non sexan en catalán. Aprendamos.

alberto dixo...

Escribo este comentario para dar a miña opinión sobre o "equilibrio lingüístico" do programa "Foro aberto" da TVG na noite do Luns, 18 de xaneiro. Nese programa houbo varios invitados que expresaron diversas opinións sobre os interesantes temas propostos. Gosto dos programas de debate da TVG, pero nesta ocasión sentinme desgustado polo feito de que, nalgún momento do debate, tres dos seis participantes estaban a utilizar o castelán. Creo na libertade para que cada un na súa vida use a lingua da súa escolla, galego ou castelán , pero tamén penso que a Televisión de Galicia debe facer un esforzo invitando aos debates persoas que se podan expresar na lingua propia de Galicia, que é tamén a lingua deste medio.Non se trata de vetar ninguén pola súa lingua pero opino que á hora de buscar participantes nun debate dun medio en galego, os responsabeis deste programa deberían dar preferencia ás persoas que podan expresarse en galego Sinceiramente penso que se fixesen un pequeno esforzo non lles sería difícil encontrar persoas galegofalantes tan cualificadas como calquera das alí presentes. Ver como o periodista do xornal ABC-Galicia e o presidente dos promotores Garrido Valenzuela falaban só en castelán e acababan "contaxiando" ao politólogo Barreiro Rivas para que este se pasase tamén a esa lingua foi unha escena bastante triste. É isto o que podemos esperar da única canle de televisión en galego que recibimos? Un medio en galego cun perfecto equilibrio bilingüe? Situacións como a que acabo de describir deberían facernos pensar un pouco, especialmente aos responsabeis da Televisión de Galicia.
Alberto Fernández

Julio Torres dixo...

Antes de nada benvidos a A Lareira Mäxica. Estou plenamente dacordo co que decides. So se deberían emitir anuncios en galego e escoller os contertulios e invitados. Trátase de potenciar o galego no medio de comunicación onde se debe empregar. O exemplo de TV3 é moi bo. Pero é como se en Telemadrid puxeramos un anuncio en galego. Non tería sentido. Pois o da TVG o mesmo, pero o que non ten sentido é non usar o idioma galego.