** Que content@ estou cando...!!!(nova sección)
Accedendo á unha petición vosa, en ALM (A Lareira Máxica) estamos de estreo. Ve a luz a contrasección de "Que rabia da cando...!!!", que leva por nome "Que content@ estou cando....!!!". Como podedes imaxinar a nova sección é todo o contrario. Trátase de dicir todo aquilo que nos nos fai sentir moi moi ben. Polo tanto, a partir de agora, teremos dúas seccións opostas en canto á contido: un bo e outro malo, por expresalo dalgún xeito.....Por suposto, espero as vosas aportacións para ambas.
Neste estreo, permitídime a licencia de ser o primeiro en escribir algo. Por certo, tanto para unha como para outra, non hai pendiente ningunha proposta vosa, así que se publicarán segundo me vaia chegando.....¿Quen será @ proxim@?
--------------------------------------------------------------------------------
" Que contento estou cando....!!!! "
...logo de moito tempo, volto a --->Ve-lo Artigo completo....
ver e a quedar con eses bos e boas amigas que un ten o orgullo de posuír... Eses amig@s dos que tan bos recordos e lembranzas gardas, pero que, por unha cousas ou por outras (entre elas a distancia ou a pereza -por que non admitilo-) xa hai meses ou anos que non tes o pracer de falar con eles, en persoa....
Voltas a recordar os bos momentos vividos na súa compaña (sempre tendemos a obviar os malos momentos, se os houbese), aproveitamos para pórnos ó día mutuamente: "¿Que foi de? ¿Que sabes de?"... E tamén para decatarse de que os anos pasan para tod@s....Como moi ben dice un gran amigo meu recentemente tomando un café con el: "Julio, vamos vellos" (ollo, que a pesar desta afirmación categórica ámbolos dous somos moi xóvenes eh!!!).
O pasado Nadal tiven o gustazo de quedar con varios. Con outros non puiden. A dous deles xa había catro anos que non os vía nin falaba en persoa con eles (A ámbolos dous puidenos coñecer durante a miña etapa compostelana). Por teléfono si, pero non é o mesmo. Con outr@s había moito menos tempo, pero, igualmente, é todo un pracer manter ese contacto (nun caso é un gran amigo meu de cando eramos aínda dicir E.X.B. era outorgarlle significado a tres sílabas soltas). E en tódolos casos foi unha gran ledicia voltalos a encontrar, porque son moi moi bos e boas amig@s. Como se soe dicir, os grandes amig@s e amigos son pouc@ pero bos e boas. Non é peloteo. En serio. Eles sábeno.
Persoas coñecidas ou amigas temos bastantes, afortunadamente, pero o grado de relación non é mesmo que con estes grandes amig@s. Cos primeiros e primeiras, podes estar falando horas e horas que te sentirás a gusto na súa compaña, algo similar a cando estás co teu noivo ou noiva ou co teu home ou muller e o tempo pasa voando sen apenas decatarse. E o que ten amizade e os amigos de verdade, aqueles que te escoitarán e que tentarán aconsellarte e axudarte cando máis o necesites. Os amigos de verdade, os grandes amig@s. Os AMIG@S con letras MAIÚSCULAS.
Non se trata de ter amigas de primeira ou de segunda. Non!!!!. So que con uns poucos a relación é moito máis intensa, chegando a ser incluso aquelas persoas de confianza, nas que sabes que podes confiar cegamente. Que non te van tracionar e que, o que faledes vai quedar aí "off de record" (como en secreto de confesión máis ou menos)como se di no eido xornalístico.
A todos e todas, gracias por ser tan bos e boas amigas. Se o mundo estivera cheo de xente coma vos sería fantástico, pero como non é así, un tamén sabe apreciarvos aínda maís.
__________________________________________________
" Que contento estou... " feito por: Julio
0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Publicar un comentario