** QUE RABIA DA CANDO.....!!! Soños...
.....te deitas pola noite na cama e a túa imaxinación empeza a debuxar uns espléndidos sonos, dignos do mellor Dalí ou do mellor Goya. Todo transcurre moi ben, incluso chegas a pensar que todo aquilo que che está acontecendo é certo´....Pero, de repente, un ruído te sobresalta, fai que teñas que despedirte de Dalí e de Goya e devólvete á túa realidade mundana. Xusto no mellor do sono, xusto cando.... Xusto...!!!!
E aí vai outro, polo mesmo precio: QUE RABIA DA CANDO.....!!!..... Cando te espertas non te lembras do que soñastes esa noite!!!! ¿Por que unhas veces noa acordamos e outras non?
E a vos non vos amola cando vos pasa algo destas dúas situacións tan frecuentes?
-----------------------------------------------------------------
QUE RABIA DA CANDO!!! escrito por: Julio
2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Os teus soños deben ser fantásticos, soños bonitos e inconfesables, como diría Pilar. Esta noite, eu tamén tiven un soño, máis ben, un pesadelo: que me perseguía unha vaca tola. Iba eu tan tranquila, dando un paseo pola aldea, e de repente, ó lonxe, apareceu unha vaca solta correndo. Logo, xa viña cara min. Eu tamén me botei a correr, pero a vaca case me pilla. Tiven moito medo e cando espertei sentín un gran alivio.¡Qué tranquilidade cando abrín os ollos e me atopei coa "realidade mundana" do meu cuarto!
Tés razón, ás veces a campaana tamén nos salva de sonos molestos, incómodos e ata tétricos... Aí, non dan rabia, senón alivio que se interrumpan os sonos.
Publicar un comentario