** ALM completa o cambio ó novo Blogger
Tal e como reza o título deste artigo, A Lareira Máxica xa se actualizou por completo ó novo Blogger. Ata o de agora so se fixera o cambio parcial, pero aínda faltaba completara o cambio. Hoxe xa se fixo. @s que creedes un blog en blogger xa se fai na última versión. O problema é cando tes que mudar da antiga versión a ésta.....
O pero é que, tal e como vos adiantaba pola tarde, a opción de "Ve-lo artigo completo" non a recoñece o novo Blogger. Por ese motivo teño que etiquetalos doutro xeito para poder seguir tendo esta interesante e máis ordeada opción. Polo de agora xa reetiquetei os do mes de decembro de 2006 e os destes días de xaneiro de 2007, se ben me faltan os artigos de maio a novembro (ambos inclusive). Sucede unha cousa: os artigos de xullo a novembro ó estar etiquetados co código anterior fai que, namentres non os reetiquete non se poida ver completos. Así que calma. Os de maio e xuño non teñen ese problema porque non seu momento publicáraos todos sen a opción "Ve-lo artigo completo" (a cal agardo pórlles desta vez, aproveitando que o Miño pasa por Lugo e o Lérez por Pontevedra).
E chegados a estas alturas, preguntarédesvos: ¿que ventaxas ten o "famoso" blogger novo "de marras"... Ve-lo Artigo completo....
Algunhas xa as tiña ata onte A Lareira Máxica por ter feito o cambio parcial ó novo Blogger (ata hai poucos días denominado Blogger Beta).Pois ben, co cambio completo, as principais novas vantaxes son:
- Maior facilidade á hora da publicación de artigos
- Posibilidade de diseñar máis exhaustivamente a páxina en canto a cores, fontes de letras e tamaño, poidendo utilizar ata 5 cores e fontes diferentes á vez, así como introducir elementos da páxina por separado e de diferente índole: html, fees, imaxes, listas, textos,.....
- Creación dunha lista de etiquetas ou temas tratados no blog.
- Archivo dos artigos publicados en forma de árbol. Máis accesible e ordeado.
Aproveitando a actualización ó novo Blogger, tamén:
* Puxen un traductor ó inglés para a xente que nos le desde outros países ou que usa o inglés como idioma de epxresión. Teño e debo facer unha GRAN CONSIDERACIÓN. Dado que a páxina está en galego, a traducción ó inglés é mala (aínda que menos da unha pedra....e polo menos axuda en parte ós visitantes de fala inglesa), xa que está pensada para o castelán ou outros primeiro idiomas de países e non para linguas como o galego, catalán, vasco, etc. Busquei pola rede de redes pero non atopei un traductor específico do galego ó inglés. Se algúen coñece algún que sirva para traducir automáticamente un blog (se necesidade de traducir textos soltos) que mo diga nun comentario neste artigo ou por mail a dirección de alareiramaxica@hotmail.com
* No tocante ós contadores, introducín un que contabiliza ó número de usuarios simultáneas no momento en que te atopas vendo A Lareira Máxica, así como un mapa do mundo onde se resalta a situación do país do cal procede a túa visita.
* Posibiliade de saber cales son ós últimos comentarios feitos polos lectores do blog. Coa nova versión desapareceu o problema de que non aparecía o título do blog en movemento. Os códigos que puxen funcionan mellor nesta última versión de Blogger. Non saltan comentarios e actualízanse os comentarios antes.
* Puxen un segundo "logo" da páxina, na que aparece o mago debuxando o nome do blog. Formato gif animado.
* Tamén incrustei na primeira parte da sidebar ou colunma lateral varias frases máxicas ou pensamentos que cambian de xeito aleatorio cada vez que se accede ó portal. É dicir, de cada vez aparece unha distinta. Certo que é un repertorio limitado....Pero menos da unha pedra....
* E algunhas máis que se me olvidan
Por cuestión de orden e de non despreciar un piar importante do blog: a música on line e os máis de 100 vínculos ou links, puxen as etiquetas dos temas ó final. É posible que a orde deste ou doutros elementos da páxina poidan variar. POR SUPOSTO, GUSTARÍAME CONTAR COAS VOSAS OPINIÓNS E SUXERENCIAS nisto e no que teñades a ben.
Agardando que vos guste, e pedindo paciencia polos artigos que faltan por reetiquetar de "ve-lo artigo completo" (irei informando cómo transcurre o reetiquetamento),
Carpe Diem e Noctem,
O administrador
0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Publicar un comentario