** Unha tarde de touros.....(Relato Recomendado)
É o que hai que facer. Farase e listo. Xa está. Agora toca asimilar as consecuencias. Así non se podía seguir, qué sentido tiña, ningún. Canseime. Que non pode ser, pois que non sexa. A “zorrilla” está feliz. El… é máis falso que unha moeda de lata. Vou seguir a corrida desde os tendidos. A tarde preséntase aburrida, toureiros malos, gando pior. Míraa como aplaude, esaxerada, dando a nota. Non é que me rendira, simpremente, voume. Un quere tardes de gloria e a outra quere un maridiño. Todos felices. El é un triunfador. Ten pouco talento, pero a mediocridade tamén se cotiza ben nestes tempos...... Ve-lo Artigo completo....
So quixera olvidarme de todo, pasar directamente á indiferencia máis absoluta. Alí, nun territorio onde habitamos os indiferentes, vivía sen sobresaltos. O traballo, o deporte, nin grandes penas, nin grandes alegrías, moita vida social, eso sí. Viña a Madrid un par de veces ó mes. Unha noite, no Buddha, presentáronmo. Tanta hipocresía repúgname. Non é o meu mundo. Eu vivo nun lugar onde cada cousa ten o seu nome. Istos son un merdentos con aires de señorío. Nada de nada, aínda levan os zapatos suxos.
O clarín anuncia cambio de tercio. É sorprendente a rapidez coa que se collen hábitos novos. Agora toca o que toca, “creced y multiplicaos, y, de paso, cerrad unas cuantas bocas”. O toureiro móvese na area cunha chulería calculada, semblante serio e andares de macho. Qué decepción!!. Cómo puede anunciar o seu compromiso?, cómo pode?. Fun tan feliz nos seus brazos, fun tan feliz no seu corpo. Casi non mo creo.
Vai entrar a matar, confesoume que neste momento da faena sente pánico. Este é o instante definitivo, cando o toureiro empuña a espada de aceiro significa que alguén vai morrer, aquí non pode haber dúibidas. Fai falta unha boa estocada que derribe ó touro, se non lle sae á primeira porase nervioso. Se de el dependera non mataría ó animal, e non sería para facerlle un favor á ministra Narbona.
Teño que largarme xa. Os primeiros pasos xa están dados, e detrás dos primeiros virán os segundos. Isto acabouse, xa non haberá máis encontros furtivos. Necesito saír de aquí cun pouco de dignidade. Quero fuxir sen que se note que corro. Pero sí, corro, vou ó galope. Vou reventar ó cabalo. O mesmo que aquela tarde en Sanlúcar de Barrameda.
-¡Roberto, Roberto vas reventar ó cabalo!
Aquel día sentíame o home máis feliz da terra.
----------------------------------------------------------------------------------
Relato remitido por: Roberto Andrade
Debutante en A Lareira Máxica
(Foi enviado en castelán e traducido ó galego polo administrador)
1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Agardo que non che pareza mal que che traducira o texto ó galego, Roberto....E moitas gracias polo envío!!!!. Por certo, ten continuación?? Está moi ben feito.
Publicar un comentario