** QUE RABIA DA CANDO......!!! by María
Qué rabia da cando entras na lareira toda ilusionada por ler o último artigo dese grande blogista que é Julio (boing, boing, pelota pelota), comenzas a ler ... que ben!!, que interesante!!, promete ... pinchas en ver artigo completo... nada, que non vai... volves a pinchar... probas de novo, á milésima daste por vencida. Probas a deixar un comentario a aquel artigo da mariam (a mariam con cariño ehh, ollo!!!), nada, tampouco. Que non hai forma. Non me extraña que os que so están de paso non deixen comentario algún.
6 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Descoñezo o que che está pasando para non pode-lo ver o artigo completo. A min pasoume co cambio do blgo ó novoo Blogger, pero xa está solucionado.
Canto ó dos comentarios, de vez en cando pasa. A min pasoume noutros blogs, pero é algo temporal, achacable a Blogger. Pero proba un pouco tempo despois, verás como si che deixa publicalo. Seguro.
Que rabia me da cando estou facendo un traballo e ven a jefa e me cambia para outro
Que rabia da cando fala a xente dos dereitos que teñen nos seus postos de traballo. E eu teño que morder a lingua por que eu levo trballando catro anos traballando nas misma empresa e podese decir q casi nin podemos falar.parece que estamos no tempo dos esclavos.
Hola! Acabo de descubrir a páxina e é fantástica. Vou aproveitar pa queixarme neste apartado. Dame moita rabia os centros comerciais.¿Quen non se desesperou algunha vez nunha cola do provador ou da caixa? Deberían solucionar o problema poñendo máis persoal. Así baixarían as listas do paro e al colas.
Que rabia me da cando vou a comprar uns zapatos e todos me quedan grandes.Que pasa,que as que temos pes pequenos non usamos zapatos. A ver si se deciden a facer tallas mais pequenas pa non ter que poñer zapatos infantiles.
Que rabia da cando alguen che berra por algo que ti crees que esta ben e dinche que esta mal.
Publicar un comentario