** ...E volta a empezar.....Oda ó number ONE
1 de xaneiro de 2007. Ou 01-01-07 data que lembra a cando sintonizamos por vez primeira un aparello electrónico. Cada vez que facemos esta operación partimos dun 01-01 se ben o ano varía. Pois xa estamos no primeiro de ano, día na que os manueles e manuelas celebran ó seu santo, día no que na televisión se fala outro ano máis dos saltos de esquí, un deporte que é a estrela do panorama deportivo a falta de noticias noutras disciplinas máis populares e populosas das que tanto se fala a cotío. (Un inciso: o esmorguista da foto non son eu, que conste, eh!!!!! ¿quen será, entón?).
O 1 de xaneiro, ese día que nos marcamos para empezar a facer todo aquilo que prometemos con firme propósito de cara ó novo ano: deixar de fumar,.....Que logo caeremos na conta de que foi un simple anhelo irrealizado, ou realizado nalgúns casos...
Primeiro de ano, resaca dunha noitevella na que está permitido deitarse de día, e que parece mal visto facer o contrario. Hai que disfrutar esa noite por imperativo case legal -Cando se pode pasar mellor calquera outro día do ano-.
Principio dun mes no que os reis magos se amosan como o perfecto colofón dun nadal que chegará un ano máis ó seu fin.
Efeméride que sirve de antesala das tan agardadas rebaixas de xaneiro.......
Día 1, día no que a media mañán case non ves a ninguén pola rúa......
Unha data na que sempre vemos pola t.v. que nalgún punto do país ou do planeta alguén desafía ó endiosado frío para pegarse un chapuzón nun conxelado mar ou río.....Todo sexa por saír pola caixa tonta....
Estreo de mes e de ano, no que non hai xornais á venda porque o día anterior (Como sucede en Noiteboa e en Venres Santo) as redacción tómanse un merecidísimo descanso.... Iso si, o día 1 toca traballar nesas mesmas redaccións para que ó día seguinte os kioskos poidan surtir de delgadiño diarios ós ávidos lectores....Todo o bo se acaba ou que mellor que empezar traballando o ano (según se mire)
1, a cifra do inicio de toda conta, e máis se concide co número dun día e do número dun mes.......E con el de seguida empezaremos a escoitar o primeiro nacemento do ano, o primeiro partido do ano, a primeira festa do ano, o primeiro día de traballo, a primeira fin de semana, @ primeir@......
Isto e moitas cousas máis suceden tal día como hoxe tódolos anos......Seguramente me olvidei de moitas cousas ou feitos que acontecen nesta data, polo que vos animo a que o completedes -ó voso gusto- cun simple comentario deste artigo, O PRIMEIRO NESTE NOVO ANO DA LAREIRA. Un día no que este blog cumpre 8 MESES. Xa falta menos para chegar ó ano de vida nº 1.
.....E isto non é a serie NUMBERS, pero si pretende ser unha ODA ó number ONE, máis coñecido como 1, porque o 1 significa algo novo, ilusións, desexos, o principio de algo fermoso (aínda que non sempre, xa o sei), esperanzas,......
UN ARTIGO ESCRITO POR: Julio Torres
1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Gracias ós compañeiros de Vieiros por recoller este artigo no seu Blogmillo.
E vós, ¿que novos proxectos tedes para este 2007?
Publicar un comentario