** Adeus 2006, adeus!!!! > 2007 Benvido sexas!!!
Nas últimas horas dun ano que consume as súas últimas horas, véñenme a mente moitas cousas vividas. Unhas boas e outras malas. O 2006 deixoume cousas dos dous estilos. Pero hai que ver a botella media chea, ou procuralo cando menos. Por iso tentarei lembrarme do ano que agora finaliza como aquel no que xurdiron cousas das que me sinto moir orgulloso. Entre elas, como non, a creación de A Lareira Máxica, que levou parella coñecer personas amigas e coas que é todo un placer te-las aí e conversar con elas. Poida que non sexan tantas como desexara as que colaboran asiduamente, pero prefiro poucas e boas. Unha vez máis, GRACIAS por quentar o lume desta modesta lareira, e GRACIAS pola vosa amizade. De todo corazón!!!.
Agardo que no ano que principia dentro de pouquiñas horas sexa o mellor ano dos vividos por tod@s ata o momento. E que esta Lareira Máxica me permita seguir dando renda solta a unha actividade que me gusta moita: a da publicar artigos, xunto coa de gozar coa vosa compaña e axuda.
Deséxovos un moi feliz 2007 no que se vexan cumpridos todos, ou cando menos a meirande parte dos vosos desexos!!!!!
P.D.: O novo ano traerá máis cambios na Lareira. Un deles nos vindeiros días, ou iso espero.
1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Sí, é unha mágoa que a xente non se anime a comentar máis. Ó mellor tes que cambiarlle o nome o blog, e pórlle "A lareira de Harpo", hai tantos mudiñ@s... ¡Podedes escribir sen medo, nunca souben de ningún ordenador ó que se lle gastara o teclado! Con todo, gracias por ler este comentario e feliz ano 2007.
Publicar un comentario