luns, 18 de decembro de 2006

** A FRASE MÁXICA.......¿e ti que opinas?

"O amor é como a febre: brota e aumenta contra a nosa vontade" (Stendhal)

-------------------------------------------------------------------------------------
Sin ningunha dúbida.....¿qué opinión vos merece a frase? ¿é certa? ¿tivestes ou tedes este tipo de febre tan especial?......Agardo respostas.....

5 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

A frase é bastante certa, pero aínda así, e en contra do que di o dito, sempre se pode intentar poñer cancelas ó campo. E senón que mo digan a min!!!
Por certo, non sei se me pasa so a min, pero como a todos lles pase o mesmo non me extraña que moitos pasen de opinar nada, ás veces conseguír que a ventaniña esta se abra para poder deixar unha simple frase é toda unha odisea. Ás veces tarda tanto que me desespero e incluso eu estou por pasar. Sniff, sniff.

Anónimo dixo...

Unha frase preciosa: brota e aumenta contra a nosa vontade. Por eso, algunhas veces hai que marchar. Como ben dí Gabo, "no pases el tiempo con alguien que no esté dispuesto a pasarlo contigo". É difícil, pero a distancia é o único antitérmico para esta febre. Gústame moito García Márquez, tamén me gustan as súas frases, especialmente esta: "la peor forma de extrañar a alguien es estar sentado a su lado y saber que nunca lo podrás tener". Non teño vocación de mártir. Ó contrario. Nin gardo rencor, nin me gustaría que mo gardaran a min. ¡Bo nadal!

Julio Torres dixo...

Verei que se pode facer, descoñezo a orixe do problema. Posiblemente sexa culpa de Blogger que, ás veces, se colga.
De tódolos xeitos, se seguides tendo problemas envíademos os comentario ó mail da lareira máxica
alareiramaxica@hotmail.com

Julio Torres dixo...

21:50 acabo de probar, e tenvos que funcionar correctamente. O dito, debe ser cousas de blogger, se eu vos contara o dificil que é publicar algo, debido a que hai horas nas que non deixan actualizar o blog.....E iso que coa nova versión mellorou o tema da publicacion....

Un saúdo, e se nalgún momento tedes problemas envíademe os comentarios ó mail

Anónimo dixo...

Stendhal ten razón, como tamén a ten Alvite: "El amor es algo muy resistente, se necesitan dos personas para acabar con él". Anda que non dan para reflexionar calquera das dúas. Unha aperta, Julio, e grazas por todo.