xoves, 28 de decembro de 2006

** O relato de María. Cap.2 (Vai ben encauzado)

Estaban completamente enganchados un ó outro. Faltáballes tempo para chegaren ás súas respectivas casas, tras as súas obrigas diarias, e conectárense na busca un do outro. De onde conseguían sacar o tempo era un misterio, o único certo é que falaban tódolos días durante horas. Con él, ela aprendeu a perder. Sempre fora unha pésima xogadora e unha pior perdedora, mais perder ás damas con el era sempre un pracer. Esa foi unha máis das moitas promesas incumpridas. Non sei se nunca puideches ou simplemente nunca quixeches cumprila. Prometéralle ser o seu teacher particular algún día. Prometera aprenderlle a xogar ás damas como era debido, pero aínda hoxe segue sen saber mover ben as fichas... Ve-lo Artigo completo....

Pero aquela non fora a única cousa que aprendera del. Con el tamén aprendeu a deixarse coñecer, a deixar atrás os medos, a compartir, a sentir que formaba parte de algo. Encariñarse del fora moi doado, botalo de menos máis doado aínda.

Chegara decembro e con el o Nadal. Ela so podía pedirlle unha cousa: coñecerse por fin. Só pasaran dous meses escasos dende aquela primeira tarde, pero ela xa o tiña todo moi claro. Moito máis claro do que nunca antes tivera nada. Sen embargo el tiña outros plans. Pasaría aquelas datas coa súa familia nesa aldea afastada de todo e de todos. Ela entendeuno, ó fin e ó cabo ela non era ninguén. Nunca tivera intencións de coñecer a ninguén por aquel medio. So era un pasatempo, un entretemento, así que tampouco tiña dereito algún a pedirlle nada. Os seus sentimentos, o que ela puidera sentir, incumbíanlle so a ela. Non tiña dereito algún a pedirlle nada. Deu por sentado que aquelo sería a fin da súa bonita relación cibernética, pero unha vez máis estaba errada. O 31 de decembro, cando xa non esperaba nada, recibín a túa inesperada chamada. Estivo ben escoitar a túa voz, escoitar que me botabas de menos.
O 8 de xaneiro ela agardábao diante da pantalla, el non faltou á cita. De novo volta a empezar.


__________________________________
Relato remitido por: María
Colaboradora VIP de A Lareira Máxica

1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

Eu tamén me estou enganchando ó relato de María, ¡espero que compartas connosco moitos capítulos!