** Unha lei que era moi necesaria........
Vivimos nun país, España, que está vendo como diminúe a tasa de natalidade e, pola contra, a poboación se envellece cada vez máis. E cada ano que pase serán máis as persoas maiores de 65 anos. Isto implica máis problemas de saúde e, consecuentemente, máis dependencia destas persoas para as actividades da vida diaria. Pero ¿por qué falo disto? Pois porque onte saiu publicado no Boletín Oficial do Estado, a Lei da Dependencia,da que se leva falando desde hai tempo. Era unha lei moi necesaria. Non só para as persoas maiores, senón tamén para outros colectivos como son os minusválidos ou os menores de 3 anos. Agora falta que a Xunta de Galicia a desenvolva, algo que previsiblemente non estará feito octubre de 2007. O fin que pretende é que tódalas persoas dependentes dispoñan de máis recursos e axudas... Ve-lo Artigo completo....
A Lei da Dependencia distingue diferentes tipos de dependencia dunha persoa para a súa vida diaria. Define a dependencia como:
"O estado de carácter permanente en que se atopan as persoas que, por razóns derivadas da idade, a enfermidade ou a discapacidade, e ligadas á falta ou á pérdida de autonomía física, mental, intelectual ou sensorial, precisan da atención de outra ou outras persons ou axudas importantes para realizar actividades básicas da vida diaria ou, no caso das persoas con discapacidade intelectual ou enfermidade mental, de outros apoios para a súa autonomía persoal" .
A lei establece tres grados de dependencia:
** Grado 1 (moderada): cando a persoa necesita axuda para facer actividades básicas da vida diaria alomenos unha vez ó día;
** Grado 2 (severa): cando necesita axuda 2 ou 3 veces ó día, pero sen precisar resencia permanente dun coidador;
** Grado 3 (gran dependencia): cando é indispensable a presencia continua de outra persoa.
O fin principal que persegue é que as persoas permanezcan no seu contorno o maior tempo posible, incrementando as prestacións como a axuda a domicilio ou os centros de día; aínda que tamén poderá haber prazas de residencia de carácter permanente para discapacitados físicos e psíquicos.
Anuncia recursos económicos en forma de axudas, así como de instalacións e centros. Moitos, como o dos centro de día, son hoxendía insuficientes e todos privados, non públicos. Outros como os centro de noite, aínda non existen.
A relación completa dos servicios ós que poderán optar e que comprende os servicios sociais de promoción da autonomía persoal e de atención á dependencia que seguen:
a) Os servicios de prevención das situacións de dependencia e os de promoción da autonomía persoal.
b) Servicio de Teleasistencia.
c) Servicio de Axuda a domicilio:
(i) Atención das necesidades do fogar.
(ii) Coidados persoais.
d) Servicio de Centro de Día e de Noite:
(i) Centro de Día para maiores.
(ii) Centro de Día para menores de 65 anos.
(iii) Centro de Día de atención especializada.
(iv) Centro de Noite.
e) Servicio de Atención Residencial:
(i) Residencia de persoas maiores en situación de dependencia.
(ii) Centro de atención a personas en situación de dependencia, en razón dos distintos tipos de discapacidade.
Dentro das axudas, unha medida novidosa é que contempra as axudas ós coidadores familiares (non profesionalizados), que poderán percibir unha prestación económica, aínda que terán que darse de alta na Seguridade Social.
0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Publicar un comentario