mércores, 27 de decembro de 2006

** QUÉ RABIA DA CANDO.......!!

........ esa persoa que ocupa a túa mente, esa persoa na que non podes deixar de pensar instintivamente, quéiralo ou non, che felicita o Nadal coa mesma frase anódina, seria, fría e distante que empregou para felicitarlle as festas a outras 50 persoas máis. Unha frase carente absolutamente de orixinalidade algunha. Pero máis rabia da aínda pensar que ti lembras todas e cada unha das datas que marcaron(...) Ve-lo Artigo completo....

aquela “non-relación”: o aniversario do día que vos coñecéchedes, o aniversario da vosa primeira cita, o aniversario da primeira vez que che dixo que te quería, da primeira vez que ti lle dixeches o que querías, o día do seu santo, do seu cumpreanos, do día que, por fin, conseguiu rematar a tan ansiada carreira etc. etc. etc. etc. Moitas datas si, mais ti lémbralas todas. Pero que rabia da cando te decatas de que el é completamente incapaz de recordar o día do teu cumpreanos. Qué rabia da!!!


--------------------------------------------------------
Que rabía enviada por: María
Colaboradora VIP de A Lareira Máxica

2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

Este tipo tan esquecedizo non merece nin que lle adiques un "Que rabia..." Eu daríalle un pouco da súa medicina e mandaríao directamente... ó baúl dos recordos. Con Karina, para que lle torture ben os oídos. En fin, "redecora a túa vida" como din os de Ikea, ou búscate un bricolador como faría Inma Sust, pero, sobre todo, procura ser feliz.

Julio Torres dixo...

Opino, como mariam que se esquecera de ti: nin un sms, nin un mail, nin unha chamadiña, nada de nada. Pois home, non me parece nada elegante pola súa parte. Aínda que seguro que despois che dirá que non puido, etc.etc. DISCULPAS BARATAS.......
.....Por certo, e a modo de 2 por 1 como oferta de súper:
... que rabia da cando....non tés noticias nin de Inma Sust, nin de Frei, nin de Pilar. Mira que prometían estes tres eh....!!!