** Feliz Nadal e miles de gracias......
Nestas datas de Nadal nas que felicitamos á xente que nos rodea e/ou estimamos, gustaríame felicitarvos a vós, si a vós, que gracias a que ledes esta páxina, esta páxina ten razón de ser. Algo que non me cansarei de repetir. Moitas gracias a tod@, en especial ós que máis colaborades con artigos e comentarios: María, Maríam, Juanjo, Sonia, "Rabudo", Raquel, Frei, Pilar, Rommy, e algúns máis que me poida deixar no tinteiro, incluidos os "anónimos". E felicitacións moi especiais para os nos visitan desde Suiza, país do que recibo numerosas visitas (como podedes comprobar no mapa de visitas). A tod@s moitas, moitísimas gracias.
Hoxe, cousas da vida, xuntouse cunha celebración moi especial: A Lareira Máxica chegou ás 10.000 visitas (cinco ceros!!!). En algo menos de 8 meses é unha cifra moi considerabable. Nunca tivera imaxinado ter tantas alá polo 1 de maio deste ano cando me sumei a febre blogueira e din a luz a este "vicioso" blog (...).
Hoxe é algo cotidiano na miña vida. E o que é máis importante: permitiume saber que hai xente que lle gusta a páxina. Iso non se paga nin con tódolos cartos do mundo. Oxalá dure moitos anos. Un so lector asiduo váleme para continuar con este proxecto. Un proxecto que me permite dar saída a unha profesión que sempre me gustou pero que teño aí aparcada desde hai xa 7 anos: a do xornalismo. Algo bonito na que, como diría o noso "Rabudo" Nacho Mirás, traballa moito obreiro ilustrado.
O que escribe estas líneas, engadiría que o de obreiro ilustrado non vai en plan pomposo. Non. Hai que coñecer esta profesión por dentro, para saber as condicións nas que traballan, o escaso salario que perciben, e que en moi poucos casos vai acorde coa súa preparación, méritos e capacidades. Desde aquí os meus parabéns a toda eses xornalistas que disfruta coa súa profesión pero que sufre para vivir dela.....Porque como algúen dixo "O kg de xornalista vai barato", frase de pésimo gusto e dita por alguén que non é xornalista. Non podía ser menos....
Por último,a petición de algúns de vós, puxen a árbore da nadal na marxe esquerda superior da páxina. Agardo que vos guste. Porque xa é Nadal......Deséxovos que pasedes unhas felices datas na compaña das persoas ás que querdes (que ó fin e ó cabo é o máis bonito e fermoso do Nadal, os reencontros....)e que o vindeiro ano 2007 sexa o mellor ano qeu vos tocou vivir ata o momento.....Pasalo o mellor posible e, de novo, MOITAS GRACIAS.......
---------------
Julio
0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Publicar un comentario