** ¿Tocouvos a lotería?
Pasou o venres, e aínda que tocou algo a lotería en Galicia, non o fixo tanto como se esperaba, en especial en zonas como Vilgarcía de Arousa ou outras zonas afectadas polas riadas de novembro. Con todo, o sorteo deixou bastante sorte en Galicia. Algúns, como os agraciados en Combarro, Santiago de Compostela ou A Coruña, deben estar celebrándoo a estas horas.....Noraboa a toda esa xente afortunada.
Pero a lotería e a felicidade non so a dan os cartos (aínda que axudan, como se soe dicir), ohttp://alareiramaxica.blogspot.com/2006/12/tocouvos-lotera.html feito de ter saúde ou o de ter traballo ou amor e ser querid@ (...) Ve-lo Artigo completo....
é algo que se debe apreciar. E moito. As cousas pequenas da vida deben redimensionarse e outorgarlles ó xusto valor, que é superior ó que comunmente se lle concede.
No link das loterías podedes acceder ó resultado do Sorteo de Nadal celebrado onte en Madrid. Ó mellor aínda vos pode tocar algo na pedrea.....E sorte, porque a min sempre me tocan os números próximos na lista da pedrea, pero non os que deberían tocar....
Remato co dito popular aquel que di: "Afortunado no xogo,desgracido no amor"....... Quen sabe se onte tocou outro tipo de lotería.....
2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
"As cousas pequenas da vida deben redimensionarse e outorgarlles ó xusto valor, que é superior ó que comunmente se lle concede" ¡Vaia frase! Moi bonita, sí, señor administrador. Non me extraña nada que a lareira teña tantas visitas, pero nada, nadiña, nada... Onte paseino moi ben, ó mellor tamén me tocou a lotería, non sei, pode ser ou no ser, ¡haber si me teño que replantexar o tema do harén!
Se eu foxe unha das afortunadas da loteria de Nadal, moito me temo que pasaba de celebracions e xa ía directa a mercar unha billete de avión, canto mais lonxe mellor, que uns dias de vacacions ben se merecen!
Saúdos
Publicar un comentario