** Unha historia colectiva. Organización e previos
Decía o outro día JPF nun comentario que lle facía a Pilar na primeira parte do relato "Sonos bonitos e inconfesables" que sería interesante probar, entre todos os que facemos ou visitamos a lareira máxica, a ir escribindo unha historia. Pero unha historia na que cada un fose escribindo unha parte da historia.....Esta experiencia xa se fixo noutros lugares e saíu bastante ben.
No seguinte artigo, principiará a "historia colectiva" escrita entre todos nós. O único que vos pido, de cara a organizarnos un pouco, é que me enviedes un mail á lareira máxica para saber os que estades interesados para establecer os turnos. Así, ireivos dicindo a quen lle toca continuar a historia de cada vez. Non vaia ser que todos queiramos facer, por exemplo, a primeira continuación desta historia. ¿Imaxinádesvos 4 continuacións distintas a un tempo?.Tamén estou totalmente aberto a outro tipo de suxerencias.
De vós vai depender a duración da historia. Pero ¿por qué non o tentamos? Cada un que o faga ó seu xeito. Non se trata de facer obras de arte, so o mellor que saibamos ou poidamos....Creo que a iniciativa de JPF é moi boa.... Sería unha mágoa non tentalo.....
NOTA: Se a escribimos en galego moito mellor. Pero vale en castelán
0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Publicar un comentario