domingo, 3 de decembro de 2006

** Unha gran comunidade.....onde hai de todo

HAI MOITOS BLOG EN INTERNET. ÉSTA IMAXE SO É UN EXEMPLONon, non vos vou falar das comunidades autónomas (a lareira máxica non é un blog político), nin tampouco de comunidades raras. Non. Hoxe quero unha breve referencia ó fenómeno blog. Un fenómeno que cada día crece máis. O venres lía en La Voz de Galicia o artigo " Blogs, unha revolución silenciosa". Nel dase conta do incesante incremento de blogs de todo tipo no gran océano que é INTERNET, ó mesmo tempo que se fai unha relación dos máis recoñecidos e premiados este ano. Algunhas están ben, pero podería haber outras moitas que, sin ter premios, están moi ben. Todo é cuestión de navegar polo mar de mares virtual e atopar as que che gustan.
Se buscades un pouco en internet atoparedes blogs de todo tipo, moitos... Ve-lo Artigo completo....
especializados en variados temas: actualidade, deportes, humor, vídeos, fotos, música, opinión, ciencia, tecnoloxía, cultura, blogs persoais, e un largo etc. O que vos escribe creou A Lareira Máxica o 1 de maio de 2006, pero nin fun o primeiro en crealo nin tampouco o último. A Lareira Máxica é un blog de opinión de temática mixta, no que se recolle un pouco de todo, como xa sabedes. E que tenta incluir enlaces interesantes, e música (en formato vídeo ou online).

O éxito de cada blog depende sempre dos seus lectores pero, independientemente diso, os blogs son un medio perfecto para escribir do que nos apetece e, incluso, xogar a ser xornalistas. Ou selos. De todo hai.

E ti, ¿anímaste a ter un blog propio?

______________________________________________________________________________________________
NOTA: Desde onte, A Lareira Máxica ten un logo propio no título, que se ven a sumar ó icono que tedes ó final da columna dos enlaces. Se tedes un blog, poderedes pór o icono da lareira (co lume ardendo) no voso, se copiades o texto que aparece no recadro. Doutro lado, a columna cambieina para a dereita. Agardo que vos guste o novo "look".

0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :