martes, 12 de decembro de 2006

** Hoxe é noticia >>> As declaracións de .......

Como sabedes, A Lareira Máxica non é un blog de política. É precisamente este tema, o único que non ten cabida nela. Non obstante, hoxe fago unha excepción porque hai unhas declaracións feitas por un político que están dando que falar. Refírense á morte de Pinochet, falecido o domingo e que fora dictador chileno durante 17 anos. Como A Lareira Máxica é tamén un blog de opinión sobre a actualidade, pois tamén non é mala idea que nesta ocasión opinemos sobre o tema desta morte e todo o que a rodea. Deixo o enlace da noticia, recollida por El Correo Gallego (Preme sobre o nome do xornal para lela).Tamén vou deixo o enlace dunha noticia relacionada co acontecido durante a dictadura de Pinochet e publicada, entre outros medios, no Diario de Léon, que tamén deu moito que falar no seu momento.
Que cada un analice estas declaracións e quite as súas propias conclusións. PODEDES DAR A VOSA OPINIÓN A FAVOR OU EN CONTRA.
______________________________________________________________________
Información ACTUALIZADA
Foi agredida unha xornalista de TVE que cubría a noticia, en Chile, da morte de Pinochet. Como unha imaxe vale máis que 1.000 palabras déixovos o fragmento no que se recolle a agresión sufrida por esta profesional namentres informaba en directo. Podedes opinar.

1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

Non entendo moito ou case nada de política.
Pero dende logo, non podo, nin entendo que se xustifiquen as mortes. Algúns políticos, ou algunhas persoas, cando falan de guerra...falan das persoas que morren coma si fosen números, sen máis, comoa si as persoas non fosemos nada.
Non ten palabras, nin se pode xustificar a morte das persoas, a dor, a fame, o medo.....
Evidentemente, supoño que Pinochet algo faría en 17 anos nese país, pero xamais se poderá xustificar o mal que fixo.
Fraga, non sei, se nalgún momento pensa na dor que Pinochet e os seus alidos producirón en miles de persoas.
O triste é que a historia continua, en cantos sitios non segue existindo unha dictadura, guerra, dor, e miles de persoas que se contan coma números. E mentras unha guerra se considere beneficio económico (morte e dor igual a beneficio), mentras loitemos por.... ¿por qué unha guerra? Canta xente sufre e parece que non abrimos os ollos.
Triste e cruda realidade, que algúns temos a fortuna de non sentila cerca.
Matar a alguén non pode ter xustificación