** Tan preto como lonxe.......E todo no Nadal.
A vida garda no seu interior cousas boas e malas como se quixera rirse de nós, e rirse sen parar. Ás veces recibimos unha noticia ou unha desagradable sorpresa. Outras, outras acontece todo o contario: deléitanos cunha grata alegría inesperada. Esas son as mellores. Sen dúbida. Incluso as cousas pequenas para os ollos dos demais, se poden trocar grandes e xigantescas para os nosos propios ollos. Na vida todo é subxectivo e os significados dependen dun sinfín de variables.
Este Nadal para min está sendo bo (toco madeira!!!!). Desexo que para ti/vós tamén. Por suposto, cando falo del obvio o compoñente comercial, que para min non é Nadal, senón hipocresía disfrazada de regalo que se adianta ó mesmo Carnaval. Non. O Nadal debe ser outra cousa: (...) Ve-lo Artigo completo....
facerte lembrar máis dos amig@ e seres queridos, estén lonxe ou ó teu lado. Dá igual. Non so voltar a comer ou cear con eles, senón que unha simple mensaxe sms, unha felicitación ou unha chamada recórdache que @s teus amig@s están aí, a pesar de que leves tempo sen velos ou falar con eles. Enche de ledicia non perder o contacto con eles, aínda cando están lonxe, aínda cando non tés tanto contacto como antes, calquera que sexa o motivo.
Se todo vai penso visitar a cidade do Apóstolo a vindeira semana onde aínda teño bos amig@. Algunha non é de Santiago mesmo, pero iso dá igual.....Alégrame moito o revivir os bos momentos pasado con eles. Aqueles tempos pasados, que, de vez en cando, gusto de lembrar, acompañado de bos amig@s. Recoñézoo que non o fago tanto como debera ou quixera. Espero que de aquí a que remate estas vacacións para moit@, poida quedar con varias deses e desas vell@s amig@s. Oxalá!!!
Doutra parte, están os familiares e persoas queridas que podes ver no Nadal. Algunha está fóra de España, nos países que aborberon tantos emigrantes como recibe España agora. .
Pero este tipo de encontros ten un dobre visión: a dóce e a amarga. A dóce do reencontro, de pasalo ben, de sentirse a gusto con eles, de....... de moitas cousas. En troques o lado negativo pono a despedida. O lado amargo que ésta conleva. O non saber cando voltará. Cantos meses van pasar para ver de nova a esa persoa tan querida, coa que pasas uns días, so uns días no Nadal. A vida ten dúas caras. É hipócrita en parte, pero é a vida ó fin e ó cabo.
O outro día, a TVG falaba dos moitos emigrantes que retornaban estas festas de lugares como Canrias ou de países como Suiza......Deste último país dicía que estaban chegando varios ávións con galeg@s. Como sei que recibo moitas visitas desde o país helvético, vaia desde aquí un saúdo moi afectuoso para os galeg@ que por motivos laborais teñen que estar residindo alá. Uns teñen a sorte fugaza de voltar á súa terra aínda que sexa por 15 días. Insisto: alegría e tristura nunha mesma moeda cruel
Este Nadal está sendo especial, e agardo que o continúe sendo (toco madeira!!!). Desexo que para ti/vós tamén o sexa. Non pensaba que ía ser así, pero mellor que superara as miñas expectativas que ó contario. Haberá xente que se marche, pero agardo que volte pronto, moi pronto...
Como dice unha persoa moi querida por min: "É o destino. Xa estaba escrito" (ou algo así di). O que engado que me gustaría que todos eses emigrantes galeg@s que un día tiveron que marchar da nosa terra, poidan voltar a ela definitivamente antes do previsto....
Porque nestas festas non se trata de ensalzar o consumismo desaforado, como cada ano se fai con máis intensidade, como se a vida dependese desta despiadade, egoísta e cruel acción. NON!!!!. E un época de reencontros e lembranzas. Un momento no que é bo parararse a pensar e decatarse que hai xente que che importa e xente á que lle importas ti. Que hai persoas que pertencen ó teu círculo de amizades e que, ti tamén pertences ó delas. E iso redunda en beneficios de ambos. Porque unha boa amizade, cando o é, dura para sempre. É eterna.
¿E vós como vos está tratando o Nadal? ¿Qué vos gusta facer nesta época?.....
------------------------------
Opinión de: Julio
------------------------------
2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Francamente, o Nadal estame tratando ben. Papa Noël trouxome dous pixamas e unha sorpresa. A sorpresa foi o mellor, sen dúbida, ademais de preciosa foi completamente inesperada. Os pixamas tamén están ben, son suaves e quentiños, ideales para unha friorenta coma min. Certo é que os meus favoritos sempre foron os reises magos, quedeille eternamente agradecida por me traeren a boneca Nancy cando era unha cativa de 5 ou 6 anos. É un dos recordos máis felices da miña infancia, xunto co do circo e o do zoo. Foron tres días de absoluta felicidade. Sen embargo, teño que recoñecer que, desta vez, o gordinflón de Laponia (...) tamén fixo méritos dabondo para facerse cun recuncho no meu corazón. A vida é bonita, complicada ás veces, pero bonita a fin de contas.
E non vas compartir connosco o da surprise??? Dende logo, q mala lareleira Julio, ai q ver. Mariam: Queremos saber!!!!!!!
Publicar un comentario