** O regreso de Lobatón...sen caperucita vermella
Cando falamos da moda sóese dicir que "todo volta". E é certo: os pantalóns de campana dos anos 70 é so un dos moitos exemplos. Tamén se soe dicir que "o pasado sempre volta" ou que "na televisión está todo inventado". E vai ser certo, porque últimamente estanse rescatando formatos míticos das 625 líneas: O "Vip Noche" voltou da man de Carolina Ferre baixo o novo título de "Tres en Raya"; "Sorpresa, Sorpresa" co mesmo nome, na mesma canle, con igual nome e coa mesma presentadora (a vida parece que fixese un descanso, tomase folgos e voltase de novo a andar case no mesmo punto onde o deixara a penúltima vez); ou "¿Quién Sabe Dónde?" aquel mítico programa de TVE emitido nos 90 -que cobrou moita fama a raíz do triple e triste asasinato das nenas de Alcáser-, e que fora presentado polo non menos mítico Paco Lobatón (do que tantos chistes se fixeran e que eran do estilo..."¿A onde vas Caperucita? //Quen sabe ande Lobatón...".
...Ve-lo Artigo completo...
Pois ben, hoxe Antena 3 televisión rescatou do baúl das lembranzas e dos olvidos un formato xa explotado, pero que lle ven dar a razon ós que din que nesta vida todo volta e na televisión xa está todo inventado e o pasado semmpre volta.
Unha salvedade: desta vez Paco Lobatón vai ser o director, namentres que o presentador será Alber Castillón e o nome do programa é "Los más buscados". Pódese observar que non se comeron a cabeza para buscarlle un novo título ó fillo virtual de "¿Quién sabe dónde?". Máis elocuente non pode ser.
Chegados a estas alturas debo confesar que tiña pensado publicar un artigo no apartado de lembranzas de "¿Que foi de.....Paco Lobatón?", pero agora xa non merece a pena porque Caperucita deixou que o Lobo continúase o seu camiño....A duración deste non se sabe canto será....Din que segundas partes nunca foron boas....Quen sabe. Se nos 90 triunfou un reality tan real como a vida mesma (ata me atrevo a dicir que foi pioneiro na televisión en España sen necesidade de encerrar a uns aspirantes a famosetes nunha casa ou levalos a unha illa deserta na que eles mesmos se aturaran) agora, embuidos e metidos de cheo na guerra total das audiencias na que todo vale, ó mellor incluso volta a arrasar. Particularmente, augúrolle pouco futuro ó programa, que ademis loitará no prime time pero das mañáns, non da noite.
Din que desta vez quérese buscar a xente "prófuga" ou perseguida pola Lei. Non sei. Paréceme rizar ó rizo. Dáme que lle vai pasar o mesmo que o regreso de hai un par de anos do "Un, Dos, Tres.... versión a Leer esta vez". Emmpezou moi ben, pero foise diluíndo como o zucre....Tempo ó tempo.
Do que si me aledo e do regreso, aínda que como director, dun bo xornalista, como creo que é Paco Lobatón, que, para quen non o saiba, chegou a ser o presentador da segunda edición do Telediario de TVE a finais dos 80.
Benvido, Paco. Pero iso si, coidado co Lobo e con caperucita que non se sabe "ande andarán".....
-------------------------------------------------------------------------
E vós, ¿qué opinades de todo o que acabo de dicir?
2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Os primeiros datos de audiencia non son nada bos para o novo programa producido por Paco Lobatón e que se emite de luns a venres entre as 11:30 e as 12:00 do mediodía. ¿Mala franxa horaria ou temática cansina?
Temática cansina, moi cansina. Non me apetece nada ver este programa aínda que o puxeran en prime time. Lobatón parece de piñón fixo. Unha mágoa, coa súa popularidade, e profesionalidade, podería facer outro tipo de programas.
Publicar un comentario