mércores, 17 de outubro de 2007

** Qué content@ estou cando ....!!!

Que contenta estou cando....!! Por fin chego á casa cheíña de frío e podo encender a lareira esta que comparto con todos vos. Porque ben mirado, no verán, co lorenzo quentando todo o día, aínda unha se afai sen a lareira de fondo no salón. Pero ahora que chega o outono, que empeza a xiar polas mañás e polas noitiñas por moito que Lorenzo se faga o remolón e non nos queira deixar, agradécese ter a lareira quente cando chegas á casa. Así que estou moi, pero que moi contenta de que Patricia entre nas nosas vidas vía A Lareira e da man de Julio.

Eu tamén me quero unir ó agradecemento de Julio e darche as grazas por aceptar a súa petición. Que xa eran moitos meses sen "Que content@ estou cando..." ou sen "Que rabia da cando..", sen os comentarios, ás veces agrios, ás veces doces, ás veces mordaces, ás veces simpáticos de Mariam, sen os relatos de Alvariño e sen as colaboracións de tantos outros. Aínda que non o creades, a lareira era para min o feito de seguír en contacto, ou de cando menos, saber que algúns "amigos" seguían vivos. Dende o paro este forzado da lareira, perdín o contacto por completo con eles. Non sei se seguen vivos, se non soportaron os calores do verán e desapareceron en combate, se que lles pasou. Igual volven ahora como os cogomelos no outono. Oxalá.
Pero por se eles non se animan a volver, sempre nos quedará A Lareira Máxica de Julio, e ahora tamén un pouquiño máis, de Patri.

Grazas Patri!!!



QUE CONTENT@ ESTOU.... ENVIADO POR: María
Gran colaboradora de A Lareira Máxica

1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

Sen m�is, estou dacordo contigo Mar�a, � unha gran alegr�a, sentir que de novo,podes acudir a unha lareira coma esta.
Parece mentira, non co�eco a ningu�n, peo s�ntome a gusto e b�tase de menos a quen non est�.
Grazas a Julio, a Patri e a todos que formades a lareira