mércores, 10 de outubro de 2007

** Preguntas sen resposta

Coido que xa Julio empezara unha sección parecida. Se non lembro mal,
fai uns meses propuxera unha serie de preguntas lanzadas ó aire para
que nós intentáramos respondelas. Estas que a min se me veñen agora á
cabeza non é preciso que ninguén se deixe os miolos no intento de
pretender respostalas. Son só iso, preguntas sen resposta. En
literatura hai un termo para referirse a elas, só que agora non me
lembro del. En calquera caso, ahí van:

- Será esta Patri, que ahora pilota a nave da lareira, aquela rapaza
da que Julio nos falou nun artigo no que nos pedía a nosa opinión por
mor dun can (ou era cadela???) que ameazaba con romper a súa relación
marital?
- Qué será de colaboradores fugaces da Lareira coma As de Ouros,
Drosophylum, a mesma Femme Fatale ou Pilar, a autora daqueles
prometedores sonos bonitos e inconfesables que nos deixou co sabor da
mel nos beizos? Poderemos ler algún día o final deses sonos?
- Cal será a temática do novo artigo do sempre incombustible Alvariño?
- Cando voltará o noso Juliño á tomar o bastón de mandos da Lareira e
por tanto, canto tempo estará con nós a nosa nova capitana Patri?
- Retomará algún día María tamén aquel relato cibernético que comezara
ala polo inverno pasado?
- Cantos séculos de vida lle quedaran a esta Lareira Máxica?
- Cales serán as novas seccións que nos ten preparadas Julio?
- Quen se esconderá detrás de todos os anónimos que deixan a súa
pegada na Lareira?
- Quen sería a Femme Fatale do artigo aquel no que pretendía darnos
leccións sobre como ligar?
- Animarase Patri a pasar de administradora "en prácticas" ou 2
capitana a colaboradora fixa da Lareira?
- Alguén conseguirá enviar máis colaboracións ó blog que a pesada da
María? (Por favorrrr, que alguen o faga xaaaaaaaaa, que estamos
cansados da mesma temática, a este paso, Julio, vas ter que abrirlle
unha sección nova so para ela:p)



Preguntas enviadas por: María
Gran Colaboradora de A Lareira Máxica

1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Patricia Loureiro dixo...

Ja,ja.ja.ja. Respóstoche ás que teñen que ver comigo. Nin eu nin Xaime somos o matrimonio do can. Pero presentoounolos Xulio un día. ¿Animareime a colaboradora fixa? Non o sei. A miña inspiración e as miñas ocupacións terán moito que dicir.

Chaiño María