** QUE RABIA DA CANDO...........!!!
...t e discriminan por miope. Si rapaces, sinto decepcionar a imaxe de perfección absoluta que tiñades de min pero si, son miope. Non hai nada nin ninguén perfecto, non? e eu non ía ser menos.
Veredes, unha destas longas tardes deste chuvioso Agosto estaba eu aburrida e decidín voltar a un mundo no que facía que non me adentraba: o cibermundo, ou o que é o mesmo, o mundo dos ciberlighes, porque ó fin e ó cabo, iso é o que todo dios parece buscar na internete. E cal non foi a miña sorpresa o decatarme de que as cousas mudaran e moito, dende a miña última "ciberexperiencia". Atopeime cun friki co que mantiven unha primeira conversa un tanto, imos deixalo en, atípica. O de friki conste que é unha valoración meramente subxectiva. Tamén por se é relevante, vou engadir un detalle sobre o rapaz en cuestión: tiña estudos superiores. Non quere dicir que o que non chegou a rematar a antiga EXB non poida manter unha conversa coherente, pero precisamente porque si pode, o feito de que a persoa coa que estás a falar teña unha carreira universitaria superior, debería ser suficiente para asegurar unha conversa de calidade.
Dende o primeiro momento as súas preguntas foron moi estranas, ou iso me pareceron a min. Igual a cousa funciona así. Explicar cómo eran aquelas preguntas é complicado porque daba a impresión de que o home tiña un formulario cunha serie de cuestións que a súa interlocutora tiña que cumprir, e de non ser así, non había conversa posible. Así pois a conversa comezou cunha batería de preguntas sen sentido, sen contexto e sen lóxica algunha.
QUE RABIA DA CANDO....!!! elaborado por: María
Gran Colaboradora de A Lareira Máxica
5 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
En este mundo ya no se perdona nada. Marcas, consumismo, prejuicios y demás. ¿Y la persona? ¿que pasa con la persona? ¿lo importante es el envoltorio o lo de dentro?. Aprovecho para felicitaros por este simpático y original blog.
O importante é o envoltorio Paloma. Logo... despois... se iso... xa miraremos o de dentro.
Hoy en día se pide una buena fachada
Saludos
Vaia, sí, neste mundo de internte, encontranse moitas persoas, pero algunhas un tanto extrañas.
As veces se busca atopar un físico e non unha boa conversa.
Estamos nun mundo, onde a imaxe é moi importante.
A min ocurriume que a persoa non quixo continuar falando conmigo poque non lle enviei unha imaxe e porque non me conectaba o (imaxe por messenger, non sei o nome).
Internet, ese gran mar de cousas boas e malas. Ánimo María, que so destes cun malo, seguro que outros saberán apreciarte por ti e non por cómo eres
Publicar un comentario