** Regresa A Lareira Máxica, de momento sen min
Volta a Lareira Máxica. Por fin!!! Logo de dous meses. Xa era hora!!! Iso si, polo de agora voltará sen min xa que continúo recuperándome e non podo usar o PC. Custoume convencer a unha amiga para que, na miña ausencia, poida ir publicando tódolos artigos que van chegando a A Lareira Máxica. Ó final, e logo de moito insistir, conseguino. Gracias Patri!!! que así é como se chama esta persoa que se vai encargar de actualizar o blog mentras eu non poida. E unha amiga moi aficcionada á informática, que lle gusta o mundo dos blogs. Gracias a ela, poderedes seguir degustando este blog. Prometeume ir subindo os vosos artigos pouco a pouco (Patri xa sabes que a ver se ti publicas algunha cousa túa muller!!!). Non se mollou en canto a prazos e frecuencia de actualización, pero creo que xa é algo importante o feito de que aceptase actualizar o blog. Porque A Lareira Máxica é cousa de todos, non so de min. GRACIAS, MOITAS GRACIAS PATRI!!!!!!
Espero que pronto estea un servidor convosco e ir escribindo cousas. Se podo escribirei algo en papel para que logo Patricia mo suba ó blog. E vós mandádalle todo aquilo que desexedes a dirección de costume.
Antes de desperdirme, salientar que desde o mes pasado A Lareira Máxica é un blog a 3 columnas, en lugar de 2. Nas vacacións de agosto traballara na reestructuración do diseño de ALM. O das 3 columnas débollo á Rosa, outra internauta especializada no mundo dos blogs que me axudou a facer este cambio. Gracias Rosa!!!. Con el conseguin ordear un pouco máis os contidos do blog. Á esquerda os enlaces e á dereita reproductor de música, chat, vídeos, etc, deixando para o medio os artigos. Asemade os enlaces reagrupeinos e reordeneinos por orde alfabética, diferenciando tres grupos de enlaces: no primeiro os máis usaddos (música, correo, tempo, xornais), no segundo adícase ós titulares dos xornais (isto non funciona moi ben, pero a ver se Patri ou eu cando volte o poida solucionar, ou senón suprimilo) e un terceiro bloque doutros enlaces de interés.
Agardo que vos gusten tódolos cambios de diseño. En canto ós contidos, tamén teño en mente varios cambios, algúns dos cales supón a creación dalgunha sección nova e outros serán de maior contido, pero o último casi seguro que sexa cando volte eu, porque non quero abusar da amabilidade da miña amiga Patri. Da gusto ter amigas como ti (xa sei que me vas chamar pelota Patri, pero é a verdade).
Voume. Hoxe fixen unha excepción porque tiña gana de escribirvos eu isto, porque vos voto en falta e porque teño moito mono do blog, pero debo ser prudente e esperar a recuperarme. Namentras déixovos con Patricia. Quero dicir, Patri (Patricia non lle gusta porque lle recorda ó home cando se pon serio con ela e a chama polo nome completo en lugar de dicirlle Patri). Gracias, Patri!!!!
Bicos e abrazos,
P.D.: Gustaríame que aínda que eu non poida lervos, sigades escribindo, comentando artigos, mandando propostas para o blog. O blog non son eu. NON. É un blog de tod@a os que o ledes e vos gusta. A vosa participación é o ingrediente fundamenteal. Salvo de política podedes falar do que queirades, pero dentro dun respeto iso si, como ven sucedendo ata o de agora.
P.D2.: Moitas gracias a todas e todos polos ánimos que me estades a enviar no blog e fora del. Gracias. E moi agradable que @s amig@s se acorden dun nos momentos malos. Iso fala moito das persoas. A tod@s MOITAS GRACIAS DE TODO CORAZÓN!!!
Julio
Coordinador de A Lareira Máxica
3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
¡Muchas gracias!
Un descansillo nunca viene mal a nadie y seguro que Patri dejará el pabellón bien alto...
Venga Patri, anímate y publica algo tuyo seguro que nos sorprendes ¿eh?
Un abrazo!
Me alegro de recibir la buena noticia de la reincoporación de este blog.
Gracias Julio por tu comentario.
Entiendo bien el gallego hablado y escrito, pero aunque lo hablo en casa habitualmente prefiero escribir en castellano, me expreso mejor y tengo menos faltas de ortografía. ¡ Espero que no te importe!
Deseo que pronto te recuperes.
¿Que te pasó?
Hola Julio: Espero que tu ausencia del blog, solo te impida escribir pero no leerlo y al mismo tiempo que esa ausencia sea lo más mínima posible.
Agradecerte el que mantengas la nave a flote, que hayas conseguido que llve el timón Patri, -Gracias Patri- y seguiremos visitando A Lareira Máxica.
Desde las islas abrazos para ti y besos para Patri.
Publicar un comentario