** Que rabia da cando......!!!
...Hoxe tiven a miña segunda e última (polo menos polo de agora) sesión de risoterapia. A risoterapia era unha desas actividades que tiña moitísimas gañas de probar e afortunadamente agora tiven a oportunidade de facelo grazas ó concello. Son desas actividades lúdicas que o concello organiza, neste caso, no verán. E jo, que contenta estou. Xa sei que debe parecer un pouco patético, por non usar un adxectivo máis negativo, iso de teremos que chegar ó extremo de teremos que inventar algo novo, unha terapia, unhas sesións ou como queirades chamarlle, para poder rirnos. Si, certo, iso é algo que sempre me chamou a atención. Os nosos antepasados non precisaban recurrir a estas cousas tan modernas para pasalo ben, ser felices e sobre todo, para rir a cachón. Que agora nós vaiamos a unhas clases colectivas para poder facer algo tan, aparentemente, doado e gratis como rir debe estar a facelos revolverse nas súas tumbas. Xa sei. Pero non creo que moitos de nós nos tomemos a risoterapia dese xeito. Como algo obrigatorio, necesario ou imprescindible para rirnos. Sen embargo, podemos tomala como unha alternativa máis de ocio e lecer.
Así foi como ma tomei eu. Era un xeito de probar unha actividade nova que tiña moitas gañas de coñecer, de rirme, de pasalo ben, e por encima, de estar con máis xente (coñecida e tamén sen coñecer). E dende logo que non me sentín defraudada. Todo o contrario. É algo que vos recomendo a todos. E moitísima razón ten Julio cada vez que nos insta a aquelo do "carpe diem", pasalo ben, rirnos e demais. Lembro
moitas noites ó carón do lume desta lareira "escoitando" os seus relatos sobre a risa e as súas innumerables propiedades. Julio debe estar farto de repetirnos aquilo de "rir queima non sei cantas calorias" , "10 minutos de risa equivalen a non sei cantos de exercicio". Pois era certo, unha que era reticente a crelo, ten que admitir que tiña razón unha vez máis. Non sabedes o que sudamos. Non sei se por efecto da risa en si, dos choros que a risa nos producían ou do que, pero o certo é que saes de alí case tan cansada como do ximnasio. Sudamos, choramos, xogamos, falamos, e rimos tanto que ó final tíñamos ata maniotas. De verdade, prométovolo. Maniotas na boca, maniotas nas costas, maniotas por todas partes. Pero ... que contenta estou!!! Que ben o pasei!!!
ENLACE RELACIONADO: 5 MINUTOS DE RISA EQUIVALEN A...
Que rabia da cando...!!! ELABORADO POR: María
Gran colaboradora de A Lareira Máxica
2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Xa me estou animando a realizar ese tipo de cursos, varias persoas comentan o mesmo ca ti María, que son moi intersantes.
aínda que estou dacordo contigo, parece mentira que tiñamos que realizar eses cursos para rir, co fácil que debería ser rirse, pero quizá a vida cambious e a xente adicamos máis tempos a outros aspectos e menos a outros verdadeiramente importantes.
Encántame a risoterapia. Hai anos fora a un cursiño e paseino bomba bomba bomba. E sirve para eliminar tensións. Coñeces a xente e pasalo como críos pequechos.
O teu artigo fíxome lembrar aquela agradable e saudable esperiencia María.
Publicar un comentario