venres, 11 de maio de 2007

** QUE CONTENt@ ESTOU CANDO....!!!!

Esta mañá tiña vez no dermatólogo. Pedira fai algo así como dous meses e por fin chegara o día. Dende fai algún tempo teño unhas pequenas manchiñas moi antiestéticas ahora que chega o verán nas pernas. Pois ben, dispúxenme a perder unha mañá para poder ir ata a Coruña, conduces unha hora de ida, outra de volta etc etc etc, e cando por fin chega o momento, 20 minutos máis tarde do que tiña marcado, pero bueno, detalle menor ise que por algo che din xa que a hora é de presentación non de consulta. Vale, entro, e o primeiro que me chama xa a atención é que o sr doutor non lle dera tempo aínda de poñer ...--->Ve-lo Artigo completo....
a bata para pasar consulta, pese a ser xa media mañá. Pídeme que lle ensine as manchiñas, pregúntame cales son as que me molestan, dígolle que ningunhas, que molestar non molestan, pero que son antiestéticas e que quero saber o porque as teño e que podo facer. Pasa de min, ponse a escribir o nome dunha crema que me receita e adeus bos días teña vostede. Fin da consulta. Pasaran dous minutos escasos dende que entrara.

En serio, como volo conto. Foi visto e non visto, case non me da tempo nin a baixar e volver a subir os pantalóns, non digamos chegar a sentarme, poder conversar un mínimo co médico para contarlle o meu problema etc. Que bah. Se o sei ....... non vou ata a Coruña para iso. Pero oe, estou dun contenta. Así vai España ... e o que non é España.



QUE CONTENT@ ESTOU REMITIDO POR: María
Gran Colaboradora de A Lareira Máxica

2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Julio Torres dixo...

Conste María que, en realidade, se poño o teu artigo nesta sección é porque así ti mo indicastes. Se por min fose poríao en QUE RABÍA DA CANDO...
Sexa como sexa, VIVA A IRONÍA.
E a min tamén me ten pasado algo parecido a ti. E menos mal que so esperas 5 meses por unha vez médica nos especialistas. Non é tanto tempo porque logo, cando chega o día, despáchante en 2 minutos. Para iso, ¿porque non terte atendido cando fostes pedila vez?

Anónimo dixo...

Supoño que todos temos algunha experiencia ca sanidade pública que non nos agrada, non comprendemos nada e danos moita rabia. É cabreante as veces, estou dacordo María, pero moi ben o teu tono irónico.
Sen embargo gustaríame ver qué sucede detrás, qué pasa realmente. As veces os que menos teñen culpa son os médicos, outras sí. Non sei as veces non vexo as cousas claras na sanidade, xa sei claro, sexa cal sexa o motivo, quen sufre as maiores consecuencias son os cidadas de a pé.
Sen embargo, é o mellor non ven a conto comentalo. Debemos dar gracias de ter unha Sanidade Pública, ogallá mellorase, pero cando a xente fala dos países que non a teñen e tes que pagar para que te curen, do contrario non te atenden, cálaste e non dis nada.
Pero bueno, sempre é necesario aspirar por algo mellor. E o que está claro que da moita rabia cando despois de moito tempo vas a consulta e despídente no momento.
Peor aínda, cando vas a ser operado, e mándante para casa porque ese día non pode ser.