venres, 18 de maio de 2007

** Dúas noticias para facer reflexionar


Lendo as novas hoxe, atopeime con dúas noticias, cando menos, sobrecolledoras. A primeira ten como protagonista a un neno, ou mellor dito, a un bebé, posto que non chega sequera ó ano de vida. E como non, está ubicada nos estates, os Unidos, claro. Alí, ó parecer, acaban de concederlle unha licencia de armas a un pobre infante. Seu pai axudou ó meniño a garabatear o que, a ollos de todos, é a firma que lle abre as portas á posesión lexítima de armas.

E a outra nova, non sei se máis ou menos sobrecolledora, iso deixo á vosa elección, ten que ver coa campaña electoral e pensaba eu que igual lle da ideas a aqueles que a estas alturas da película aínda non teñan ultimada a súa lista de promesas a incumplir: En Bélxica, unha das candidatas ó senado promete facer cantas felacións fagan falla para alcanzar o posto. “A orixinalidade ó poder” podería ser o lema da súa campaña. Se é que hai xente para todo.



Artigo remitido por: María
Gran Colaboradora de A Lareira Máxica

1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

Xa non entendo nada, parece que vale todo, non sei onde están os valores.
Supoño que cada quen é libre de pensar e facer o que quere mentres non afecte as liberdades dos demáis.
Pero ou un é moi anticuado e hai que abrir mente, ou estamos perdendo eses aspectos máis humáns.
As veces, non entendo nada, a "orixinalidade ó poder", orixinal é, pero ético? A posesión de armas,je ¿educamos na paz, na solididade, na.....?