** Coidado cando leas, non vaia ser que.....!!!
Hai anécdotas que non se olviden por máis que pasen os anos. Non. Endexamais. É como ás veces pode pasar, e de feito sucede: hai anécdotas que acaban por ser inherentes a quen as propicia. Tal é o caso dun veciño meu que estando estudiando en oitavo da extinta E.X.B. protagnizou unha moi boa e que o fixo pasar de color carne a color vermello de 0 a 100.... E lembrome hoxe del porque sempre que o vexo brota na miña cabeza a simpática anécdota que vos pasou a relatar. Proba de que un simple descoido pode pasar unha factura moi elevada dificil de borrar co paso do tempo.......--->Ve-lo Artigo completo....
Discurría unha clase de Ciencias Naturais (hoxe chámanlle Coñecemento do Medio, coido) e o mestre sempre adoitaba mandar ler a varias persoas. Nunha destas tocoulle ó meu veciño. O home lía máis ben mal. As cousas como son (como vou diciro o "pecado" e non o pecador, creo que non se molestará ninguén). Pois ben, o meu veciño empezou a ler. Non sabía o malpocado o que lle esperaba. Non era rápido pero tampouco efectivo nin seguro. Metía a pata e tartamudeaba ó ler. E claro, pasou o que pasou....
Algún lector deste blog poida que se lembre (Era moi coñecido por un apodo relacionado cunha mancha). Na primeria fila atópabase este veciño -hoxe metido a encargado contratado-, xamais o olvidarei. Estaba situado ó carón da porta de entrada á aula. En fin que se son eu, saio pitando por ela se me pasa o que a el...
É unha anécdota moi simpática e inolvidable, que, como todo, fixo moita gracia no momento. Agora quitada fora de contexto non é o mesmo. Pero alá vai: nunha das líneas do texto da lección, algo pasou. Algo que lle pode pasar a calquera. Pero que se che pasa desexas que te coma a terra. As veces hai que ler as cousas ben, especialmente cando o nome de algo se parece ó de outra cousa. A frase en cuestión que saiu dos seus beizo e que provocou unha gran gargallada xeralizada da clase díxoa así e quedou tan ancho: "Una de los grandes nombres de la medicina en España fue Santiago Ramón y "Cajar"........
Insisto, a gargallada dos alumnos que alí estabamos foi xeralizada. O outro día volteino ver e cada vez que vexo sempre me lembro desta anécdota....NIn Mr. Proper sería capaza de borrar endexamais esta anécdota da miña memoria. Cousas que pasan...
Carpe Diem
P.D.: ¿e vos non vos lembrades de anécdotas curiosas ou simpáticas que lembrades logo de moitos anos? Animádevos e contádenos algunha delas nos comentarios deste artigo ou nun artigo propio.
Artigo elaborado por: Julio
A Lareira Máxica
2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
A anécdota divertida que a min me fai lembrar a túa non ten que ver nin cun lapsus linguae, nin con ningunha clase, aínda que, tendo en conta que me paso a vida dentro dunha aula, seguro que a pouco que rebusque na miña maltraída memoria, algunha lembraría. Nembargantes, a túa historia faime lembrar a min unha que conto moitas veces por ser unha das que mellor recordo e quizais tamén por ser das máis divertidas. Tamén ten en común coa túa que ambas se sitúan alá polos anos da infancia. Unha tarde (daquela aínda ninguén dera en inventar iso da xornada única que tanto da que facer últimamente) de primavera fora eu á escola toda ghuapetona cunha minisaia vermella que me fixera miña nai. (Mira que era bonita, mira que me gustaba, mira que me lembro dela). Aquel día tíñamos que irnos vacinar contra algo, non lembro o que, ó centro de saúde que estaba ó ladiño mesmo da escola pero antes de tocar a campana (a campana, que recordos!! ) eu estaba a xogar con outros compañeiros/as no patio do recreo, e non facía moito tempo, construíran unha especie de cutre-bar para recaudar cartos para as excursións de fin de curso. Xa vos imaxinades, catro madeiras nas que vendían donuts e bocadillos nos recreos. Ben, pois a min déuseme por sentarme nun dos tablóns que facían de mostrador, e cal foi a miña surprise cando ó intentar baixarme a minisaia engancha no tablón e fai o buraco suficiente para que se me visen as bragas (daquela tampouco deran aínda en inventar os fíos dentais eses, como vos gusta chamalos a vós). Imaxinádevos o marrón. Mi ma, que desghracia tan grande. Non sei cantos anos tería por aquel entón, pero poñédevos en situación e non vos resultará moi difícil imaxinar, que xunto co feito de que o rapaz que se senta ó teu carón non che faga nin puñetero caso, esa debe ser das maiores desgracias que che poidan pasar a isa idade.
Pero o asunto non rematou ahí. Aínda tiña que cruzar todo o patio para entrar na aula, e despois, para máis inri, ir vacinarme. Qué ía facer??? Menos mal que alí estaba a miña amiga Sandra, cual perfecta Superwoman salvadora, ó meu rescate e me prestou o seu xersei rosa para intentar tapar o desaguisado e que ninguén se dise conta de que levaba medio cu ó aire. Cal era o problema agora entón??? Pois que a mini era vermella, jo, e o xersei rosa, jo, como ía ir ata o centro de saúde así de recombinada? Pois fun, que remedio, pero creo que aquela tarde, a cor vermella tampouco abandonou nin por un intre as miñas meixelas.
Estou segurísima de que Sandra e eu fomos as únicas que reparamos en que levaba un xersei rosa por encima da saia vermella, pero para min naquel intre aquela combinación de colores sobre o meu corpo supuxo todo un problema.
Son moitas as anécdotas que suceden no colexio, supoño que xeralmente é unha etapa que recordamos con agarimo.
Pois o ler as anécdotas que vos sucederon, recordei os meus tempos de colexio. Tamén, lembro anécdotas, coma a de compañeiros que se quedaban literalmente durmindo na clase, o profesor/a chamabao e non se enteraba ata que lle daban un berro.
Pero noutra ocasión fun eu, a que fixen rir a boa parte da clase, estaba en 8ª de EGB. Pois chegamos do recreo, senteime do meu asento, e, de repente sinto que non me podo mover ben, pois tiña un chicle pegado. Deume tanta vergoña, que non me levantei, enterouse a miña compañeira e ria sola. Chegou o profesor e pouco a pouco a xente foise enterando, por tanto todos rian e o profesor non sabía por qué. A cuestión e que o final, tiven que levantarme no medio da clase e menudas risas. Menuda vergoña, je, pero pasamos un bo rato.
Publicar un comentario