** Sanxenxo e as súas praias
Remátase o mes de maio. Mañán principia o de xuño. Di o acervo popular que ata o 40 de maio non te quites o sallo. Pois vai ser certo. Neste mes de maio que acaba houbo días de verano con xente na praia, pero estes días parece que retornara o inverno. Non hai quen entende a este tempo. O efecto invernadeiro non perdoa. E cada vez será peor, por desgracia....
E para os que non coñecedes as praias que temos en Sanxenxo, eiquí vos anexo un vídeo quitado de YOTUBE (o que non se atope ahí....) sobre as praias sanxenxinas.
Por certo: ¿que praia é a vosa preferida de todas as que temos en Galicia?
Un saúdo e carpe diem.
2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
¡Qué paraíso! Encántame o mar, as praias. Non podo indicar cal é a miña praia preferida, gústame cando a auga e transparente...e sobre todo se hai pouca xente.
Ufff, pois eu tampouco sei se podería decantarme por unha. Hai tantas e tan boas. Creo que non temos nada que envidiar a outros lugares do mundo, se acaso en grados da auga pero despois temos praias preciosas: a das catedrais en Lugo, a da lanzada en Pontevedra e claro, como non, as da miña zona, a de Laxe gústame moito, a de Soesto, no mesmo concello e aínda pouco frecuentada, a de Balarés en Ponteceso, onde ademáis de tomar o sol podes disfrutar dunha comilona ou unha longa sesta no pinar e tantas e tantas outras.
O malo é que xa empezan os turistas a descubrilas todas e isto cada vez parécese máis a Marbella. No verán os turistas fanse donos das nosas praias e como dicía un alumo meu hoxe, "e a nós que nos den por ........."
Publicar un comentario