** Un conductor moi peculiar e sincero....
Lía hoxe pola mañán na prensa unha noticia da que se facían eco diversos medios de comunicación tanto escritos, como de radio e televisión. A nova é moi curiosa. Desas que che alegran o día so escoitalas porque son simpáticas e difererentes. Non soen acontecer a diario. Quizás, o feito de que o casuante desa información sexa un tretrapléxico que se move nunha silla-camilla contribúa a facer máis exótica toda esta situación.
E para que poidades ler a noticia e saber do que falo -moit@s seguro que xa sabedes de que vai a cousa- acompaño o post cun recorte da noticia, extraída do xornal La Voz de Galicia de hoxe. Concretamente está na páxina 19 e vai firmada polo xornalista Luís A. Núñez que lle deu un pouco de literatura ó tema....
Para agrandar a imaxe tedes que clickar sobre ela. Se non tamén podedes ler a noticia AQUÍ.
3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Eso si que é afrontar a vida con optimismo e non o do derrotista Sampedro
A min tamén me gusta o optimismo de José Antonio, espero que nunca cambie e que a próxima vez teña máis sorte. Sen embargo, penso que as comparacións son odiosas e non creo que Ramón Sampedro mereza o epíteto "derrotista". Calificar é moi sinxelo e facelo amparado detrás dun comentario anónimo aínda máis, pero quén somos nós para calificar, sabemos o que sentía Ramón, sabemos da súa dor, podemos poñernos no seu lugar, non o creo, hai cousas que hai que vivilas.
Jose Antonio mostra un gran optimismo e o felicito.
Sobre todo, encántame a súa mente aberta hacia a sexualidade.
Ogallá a xente en xeral,abrísemos máis a mente.
Publicar un comentario