mércores, 9 de xaneiro de 2008

** Anuncio dun artigo que publicaremos esta semana

Hoxe chegounos ó correo un artigo que está pendiente de rematar pola súa autora. E so un adianto do que unha nova letora do blog nos vai enviar para publicar. O Julio e máis eu estamos totalmente impresionados cos viveza do que se conta nel. É realmente estremecedor. O que lle pasou a esta nova lectora podería pasarlle a calquera persoa. Ninguén está libre. Uff, pon os pelos de punta so lelo. E remarca unha vez máis a sociedade tan HIPOCRITA NA QUE VIVIMOS.
Esperamos que esta nova amiga de ALM nos remita as imaxes e o texto completo en breve. So sirva como adianto e para que nos vindeiros días esteades atentos e opinedes, porque coido que é un tema que se presta moito. E a ela, en concreto coido que lle vai gostar que opinemos.
De verdade que creo que vai valer a penar lelo pola súa realidade, crudeza, inquedanzas, temores, preocupacións que xurden e sentimentos que transmite esta lectora que non coñecemos pero que é benvida, coma tod@s, os que un día vos animades a participar no blog....
Desde aquí o Julio e máis eu felicitamos a esta nova colaboradora de A Lareira Máxica por ser tan valente e por escribir dun tema que parece tabú ou maldito e facelo de xeito extraordinariamente ben. Estamos ámbolos dous dacordo con todo o que dis e expós. Noraboa por ser tan valente e agardamos que sigas colaborando no blog.

Patri

1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

Estou impaciente e intrigado