luns, 11 de xaneiro de 2010

** A Frase Máxica...sobre a sabiduría



" É unha enorme desgracia non ter talento para falar ben, nin a sabiduría necesaria para pecha-la boca"
Jean De La Bruyére




FRASE REMITIDA POR: Meiguinha
Colaboradora de A Lareira Máxica

7 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

sonia dixo...

Vaia que certo é, tan importante é saber falar coma calar cando é oportuno. Pero ninguén é perfecto.

Julio Torres dixo...

Que pensades: ¿é máis difícil saber falar ben ou saber calar?

A resposta non é sinxela. Particulamente penso que depende das persoas e da súa forma de ser.

Saúdos máxicos
Carpe Diem

O Moucho dixo...

Para min é moi dificil saber falar. Teño que reconocer que moitas veces non penso o que digo e digo o que penso. Saber falar nesta vida abre moitas portas porque estar calado..., xa se sabe que o que cala otorga. Pero eso sí antes de falar mal ou lialo ainda mais, é mellor calar a boca e deixalo pasar.Como dí o refran: Auga pasada non move muiño. Ante todo ai que falar ben e non calquera cousa. Lastima non ter o don da palabra. Coincido plenamente con que todo depende das persoas e da súa forma de ser.

Mariam dixo...

O ideal sería ser oportuno. Falar cando se debe falar e saber calar, cando é mellor calar. Ambas cousas son igual de difíciles.
A min gústame falar.Por eso, porque non me da traballo falar, tamén meto máis a pata que os que son caladiños.

O Moucho dixo...

Caray Mariam. Dame algo do teu falar e eu dareiche algo do meu caladiño, que me fai falta.

Mariam dixo...

Sen problema, Moucho. Na Lareira fai falta unha sección de intercambios ¡xa!

Anónimo dixo...

Paréceme que o peor é non saber pechar a boca.