luns, 24 de agosto de 2009

** "Donde caben 3, ojalá quepan 6"..."Ya lo sabía!!!


Onte o F.C.Barcelona gañoulle a Supercopa de España de fútbol ó ATH.Bilbao, logo de acadar a victoria na ida en Bilbao por 1-2 a semana pasada e vencer onte en Barcelona por 3-0. Resulta incoherente p feito de cómo se chega a disputar un trofeo que debe enfrontar ó gañador de Liga e Copa do Rei, se as dúas competición as gañou o equipo barcelonista, sobre todo cando houbo unha época alá polos 80 que cando un mesmo equipo gañaba as dúas competicións automaticamente xa lle daban a Supercopa de España. Lóxico. Moi lóxico. A modo de anécdota o último título do Bilbao foi precisamente o da Supercopa de España nos anos 80, pero sen chegar a disputalo, polo que acabao de apuntar. Pero logo mudou. Unha mostra os partidos da Supercopa deste ano. Aínda que gañou o Barcelona, o lóxico tería sido darlle o trofeo ó equipo catalán pois venceu as dúas competicións. Como aquela do Bilbao. Sería ilóxico que o Bilbao tivese levado a Supercopa de España sen ter logrado nin a Liga nin a Copa do Rei. Sería esperpéntico.

Nesta temporada que empeza en teoría o conxunto azulgrana pode conseguir 6: os tres xa gañados o ano pasado máis a Copa Intercontinental e as Supercopas de Europa e España. Outra lectura tamén pode ser que, de acadar o título da Supercopa de Europa conquistaría 5 títulos en 2009. Un auténtico repóker de títulos. Unha man de títulos. Dos 6 desta temporada que empeza os realmente importantes son os tres xa conqueridos a temporada pasada e a Intercontinental. Os da Supercopa son, por así decilo, trofeo veraniego oficiais que enfrontan no caso de Europa ó gañador da Champions co da UEFA (hoxe Europa League) e no caso da Supercopa de España o gañador da Liga co da Copa do Rei.

Coido que conquerir 6 títulos sería algo utópico algo parecido. Nunca ninguén o logrou. A tempada pasada o F.C.Barcelona conquitou o triplete: Champions League, Liga Española e Copa do Rei. Como xa apuntei no seu momento, iso so o fixeron un equipo europeo por década. En España tan so o F.C.Barcelona.

En fin, que o F.C.Barcelona xa ten o seu primeiro título, para min, xunto coa Supercopa de Europa que disputará o vindeiro venres contra o Shatkar ucranniano, os títulos menos importantes dos seis. E dos outros catro, pois sería algo case utópico logralos. Non imposible, pero case. Se o Barcelona gaña dous deses catro este ano xa me daría máis que satisfeito.

Aínda que como escoita ultimamente: "donde caben dous, caben tres! ó que engado, como o fai o diario Sport na viñeta gráfica que ilustra este artigo "donde caben tres, ojalá quepan seis" Claro que alguén pode dicir que iso é de perogrullo e apostillar aquilo de "YA LO SABÍA!!!". Sí, Pero por soñar que non quede. Xa vedes por publicidade, soños e realismos que non queden. Pero insisto: se o Barcelona acada dous títulos dos catro "grandes" xa sería un tremendo éxito.


Viñeta gráfica publicada no diario deportivo SPORT e feita por Caye



UN ARTIGO-OPINIÓN ESCRITO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Eifonso Lagares dixo...

El Barcelona lo tuvo todo en la temporada pasada, me parece que en esta se lo van a poner un poco más difícil.
Un saludo

Admin dixo...

Muy buen blog. Me haré seguidor i lo ire visitando. Te votaré en los premios 20 blogs.

Un cambio de links?

Anónimo dixo...

Por una vez en el fútbol se hizo justicia y ganó el mejor.
Salu2