** Dicen...
Din (dicen) que este verán sí que hai verán. Din que o da Gripe A se está esaxerando por intereses económicos. Din que a política e a honestidade non soen ir da man. Din que o R.Madrid vai gañar o próximo ano un triplete sen despeinarse. Din que a crise económica pronto fuxirá. Din que a televisión en España está chea de lixo. Din que A SGAE é a Facenda privada. Din que o meu veciño do 5ºB se vai casar coa do 1º A. Din que a xente é sempre mala por natureza. Tamén din que a hipocresía é verdade. Pero: ¿será verdade porque a hipocresía existe, ou porque a hipocresía e verdade en sí?. Din que isto é a diferencia entre ser honest@s ou mentiros@s compulsiv@s.
Digo eu que a honestidade debería venderse nos supermercados. "Por favor, póñame un kilo de honestidade. ¿A cómo está hoxe o kg da honestidade?" (aínda que mellor non respostar á segunda interrogante). E servirse nos restaurantes: "De primeiro, honestidade, por favor". Claro que non é o mesmo parecer ser honesto que ser honesto. O que sí me parece é que convén recordalo, valoralo e telo moi presente non vaia ser... Porque a honestidade é un valor en baixa que non se sabe valorar na súa xusta medida. Aínda que ninguén o diga en voz alta.
MORALEXA: Non hai que tragarse todo o que che din. Ás veces o discurso é interesado e a honestidade dunha persoa pérdese polo camiño...
UN ARTIGO-OPINIÓN FEITO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica
3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Definición Wikipedia: A honestidade é unha calidade humana que consiste en comportarse e expresarse con coherencia e sinceridade, e de acordo cos valores de verdade e xustiza. No seu sentido máis evidente, a honestidade pode entenderse como o simple respecto á verdade en relación co mundo, os feitos e as persoas; noutros sentidos, a honestidade tamén implica a relación entre o suxeito e os demais, e do suxeito consigo mesmo.
O significado xa é complicado de entender, sen embargo eu creo que que a honestidade consiste en ter un pouco de empatía cós ou cás que te rodean.
Detrás de algunhas conductas imcomprensibles non está a maldade senón a enfermedade. Sei que é complicado de entender. Non eres ti mismo porque os neurotransmisores do teu cerebro non funcionan ben, non funcionan coma os da xente sana. É moi complicado contarlle esto á xente, que tes o estado anímico desestabilizado, que hai temporadas nas que estás moi ben e outras nas que perdes o control e non eres ti. O mesmo que lle pasa a un alcohólico cando se emborracha, igual. Cal é o problema de todo esto, faiselle daño ós que nos rodean porque eles son normales e esperan conductas normales. Onte fun ó médico e hoxe atópome mellor,medicada, máis tranquila.Necesito descansar e dormir, recuperar o equilibrio. Teño un transtorno mental e pídovos comprensión con todos os pacientes de psiquiatría.
A honestidade á que me refiro non ten que ver co que dis Mariam. Refírese á falta de honestidade como vicio e non como enfermidade do tipo que dis. Da que digo saben moitos p.x. os políticos.
Vaia, e aínda que non veña ó caso do artigo que escribín _pero sí do teu comentario_ MOITOS ÁNIMOS Mariam. Os meus mellores desexos de saúde.
Carpe Diem
Julio
Publicar un comentario