martes, 18 de agosto de 2009

** NOTICIA: Descuberto un marciano en Sanxenxo

O que se viña sospeitando desde hai bastante tempo, acaba de confirmarse. Existen os marcianos. O seguinte documento sonoro así o atestigua. O documento reproduce unha conversación entre un tripulante dunha estación espacial e un marciano. Pero aí non acaba o asunto. Tamén se demostra que elixen "Sangenjo" (Sanxenxo!!!!) para veranear. Sorprendente. Por favor, o documento é revelador en sí mesmo.



Os Gomaespuma son simpremente xeniais. Doutro lado non vos aconsello fumar. Nin me gusta nin é bo. Tan malo é ser fumador activo como pasivo. Isto vai porque non puiden evitar extraer a publicidade do anuncio xa que vai intrínsicamente unido ó motivo da visita...Esta cuña radiofónica xa ten uns 10 anos. Había outras catro máis deste estilo, pero ésta, sen dúbida, é a mellor. Hai que escoitala enteira, porque a segunda parte, onde fala de "Sanjenjo" é sublime. E o acento galego...

En fin que uns veranean na miña terra en Sanxenxo de toda a vida, e outros vivimos en Sanxenxo de toda a vida. E que bonito é cando non está masificado como no verán!!! Se servidor viñera de turismo a Sanxenxo viría calquera época do ano fóra de Julio e Agosto. E cando máis se disfruta de Sanxenxo e da súa tranquilidade.

P.D.: Era visto que había demasiado turista por Sanxenxo no verán. Non so viñan de Madrid, Ourense, Santiago, Asturias, León, Portugal ou o País Vasco...



UN ARTIGO-OPINIÓN DE: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

7 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

toupeiro dixo...

jajaja. Son caralludos.

Na miña terra tamen estamos masificados ¡¡Socorrooo!!


Unha aperta moi forte

Deprisa dixo...

Si es que los marcianos en Galicia son como las meigas.

Julio Torres dixo...

Insisto: o que di a grabación de 30segundos é para partirse de risa. Ese marciano que se acerca á nave espacial a por puros falando en galego con marcado acento. E á pregunta do astranouta de cómo falan en galego, espétanlle o de "es que somos marcianos, pero hemos veraneado en Sanjenjo de toda la vida".

Tremendo o dúo Gomaespuma!!!!

O moucho dixo...

Mira que eres animal. Non se escribe Sanjenjo, sino Sangenjo. Nin que foras doutro concello. Bueno ao mellor falabas en castrapo.Un saludo

Julio Torres dixo...

Levas razón Moucho, ya me contagiraon os guiris con tanta j...O sea, quería decir, o sea, sangenjo y no sanjenjo. Por certo, a xa falando en serio: Sanxenxo debe o seu nome a un santo: San Xenxo. O de sangenjo ven porque os turistas empezaron a traducir ó castelán o nome da vila e falaban de Sangenjo, cando o nome do santo en castelán sería San Ginés. Ah, por certo, para ser correctos o nome debería escribirse separado, isto é: San Xenxo.

Un pouco de cultura xeral non vai mal. Así promociono a miña vila, que para algo A Lareira Máxica, é un blog de Sanxenxo. Iso sí, os colaboradores son de moitos puntos de Galicia e non so sanxenxinos.

Un saúdo, Moucho
Carpe Diem

Roberto dixo...

jajaja... os gomaespuma sempre foron caralludos... nunca me canso de escoitar as súas historias !

Julio Torres dixo...

Coincido, Roberto, coincido. Teñen un humor moi intelixente e inimitable. Este anuncio creo lembrar que é do ano 1999 pero sáese.

Un saúdo, e gracias polo comentario.