** Un entorno natural para recordar
Esta semana estiven no concello de Barro, en Pontevedra, visitando unha pequena xoia da natureza galega, que garda este concello. Ese lugar, non é outro que o entorno natural das cascadas do río Barosa. A peculiaridade deste entorno natural, reside básicamente nun conxunto de pequenos muíños antigos ó longo da pendente do cauce do río. Existe un pequeno recorrido para os amantes do senderismo. Non é moi longo. Ten un pequeno treito de dificultade alta, pero despois é casi todo llano. A maior parte da flora é autóctona, o que enriquece máis o encanto do lugar. Dous dos muíños foron restaurados e convertidos en típicas tabernas, onde podes entrar a tomar algo, ou picar algunha tapa.
Pero dende A Lareira Máxica, quero pedirlle ó concello de Barro, que se esmere un pouco máis en coidar este entorno. Algúns muíños pódense restaurar ou polo menos limpiar de maleza. No meu parecer debería levar a cabo un proceso de expropiacións, nas fincas situadas o seu carón, e sustituir, en algúns tramos da ruta de sendeirismo, a paisaxe de eucaliptos por vexetación autóctona, acorde co resto da flora do lugar. Existen un par de prados que se poden destinar a ampliar o merendero, colocando máis arboleda autóctona e salpicando o lugar de esculturas ou expresións artísticas que non infúan no entorno natural. En definitiva ampliar este entorno o máximo posible e manter un coidado máis a diario.
Esta paraxe, vale a pena visitala. Recoméndoa. Gustaríame, querido lector que recomendases tamén outros lugares dignos de ver, para visitalos e amosarnos fotos.
UN ARTIGO-OPINIÓN ESCRITO POR: O Moucho
Colaborador habitual de A Lareira Máxica
4 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Precioso lugar, así de entrada recordábame, as muiños do Rosal, os Muiños do Folón e o Picón. Pero aquí ademais o precioso son as cascadas. Espero poder ir algún día, parece realmente precioso. Supoño que son preciosas as vista, é unha foto pode ser un adianto, pero nunca se pode comparar con vivilo.
Un lugar precioso, non o coñecía. Moitas grazas pola recomendación. Tereina en conta. Eu recomendo, seguindo na temática cascadas, a cascada de Ézaro. Xa fai tempo que non a visito pero tamén é espectacular. A particularidade que ten é que enriba hai un embalse e solo abren as comportas a determinadas horas por eso hai que asegurarse do horario antes de ir.
Coincido con Sonia. A túa suxerencia lémbrame os muiños do Folón, en Oia, un magnífico complexo que coñecín hai anos mentres facía un roteiro sendeirista que me partiu as pernas, subindo e baixando a montaña. Lugares coma este, tes razón, deben ser mimados como patrimonio común. Apertas.
Servidor estivo no sitio. Queda como di O Moucho moi cerca de Caldas, desviándose uns poucos metros da estrada xeral Pontevedra-Caldas. Non estiven moito tempo pero a paraxe é moi bonita e tranquila. E iso que estivera no mes de decembro de hai xa uns anos. Imaxinádevos na primavera como debe estar aquilo...
Voltarei máis adiante, se podo, un día que faga bo.
Publicar un comentario