** Gloria Trevi e a súa psicofonía
Encántame esta canción da mexicana Gloria Trevi. Recoñezo que é a única que lle coñezo, se ben ten varios discos no mercado. Tanto a letra, como a música e o vídeo están moi ben. Gloria Trevi foi para min un gran descubrimento, aínda que espero que, a partir de agora, coñeza máis cancións dela e me gusten. Non vaia ser que "Psicofonía" sexa a única. Espero que, para min, non sexa cantante dunha soa canción. Para outros xa sei que non o será, pois a traxectoria desta cantante mexicana é bastante longa e ten varios discos no mercado.
A carreira musical de Gloria empezou no ano 1989, pero viuse interrumpida a finais dos 90 e ata 2004 por un proceso xudicial no que se viu envolta ela, o seu mánager e unha corista en relación a presuntos abusos de menores. A pesar de que foi absolta en 2004, chegou estar case cinco anos no cárcere (¿?!!). Nesta época tamén lle morreu o seu fillo maior.
A voz de Gloria Trevi gústame e, en certa maneira, recórdame a impoñente voz de Mónica Naranjo. Non pola súa profundidade de voz, pero hai algo aí que me soa a ela. É coñecida pola súa música social, política e provocativa.
En fin que, co voso permiso, vou voltar a escoitar a loca e mailo seu fantasma. Toda unha historia de amor coa que nos deleita musicalmente Gloria Trevi.
Máis información:Páxina Oficial de Gloria Trevi
UN ARTIGO-OPINIÓN FEITO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica
1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
A miña irmá, que é pouco máis nova ca min, encantáballe esta señora fai ben anos. Non lembro agora o título de ningunha canción súa, pero sei que teño escoitado varias. Lembro especialmente unha na que, como di Julio, si se "parecía" ou recordaba a Mónica Naranjo.
En calquera caso, iso de cantante dunha soa canción, queda probado que non é o caso. Gloria Trevi fai moitos anos de deus que é Gloria Trevi.
Publicar un comentario