venres, 28 de agosto de 2009

** F.C.Barcelona pentacampión 2009

O F.C.Barcelona acadou hoxe a Supercopa de Europa, o seu quinto título deste ano 2009, tras impoñerse ó equipo ucraniano do Shatkar. Un pentacampeonato que comenzou no mes de maio co triplete: Copa do Rey, Liga Española e Champions League e que prosigueu nos últimos días coa Supercopa de España e con esta Supercopa de Europa.

E na temporada que acaba de empezar, con estas dúas Supercopas, xa conquistou dous dos seis títulos posibles, se ben é certo que os máis importantes son os catro restantes: os tres gañados a temporada pasada (Champions, Liga e Copa do Rey) e a Copa Intercontinenta.

Insisto que os catro sería case imposible logralos, pero se acada dous deses catro xa sería un tremendo éxito. O único pero é que vexo que ten unha plantilla moi curta para afrontar estas catro competicións e dame que por decembro vai ter que fichar algún xogador. Ten pouco banquillo para botar del no caso de lesións, sancións e rotacións. Ougallá que conquistemos algún título máis nesta temporada, pero este ano 2009 é histórico: 5 títulos. É o primeiro equipo español que o consigue.



UN ARTIGO-OPINIÓN FEITO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :