** Off
Estou pensando en ir pasar uns días a un mosteiro. O pior que me pode pasar é que lle colla gusto á vida monacal. Na miña casa sempre se dixo que nos mosteiros a vida é moi dura. Xa sabedes, que hai que madrugar moitísimo, pasar moito frío no inverno, comer moita sopa, que non hai tv nin radio,... Non sei de onde o quitaron. Meu bisavó foi maiordomo dun bispo e podo asegurarvos que no pazo do bispo vivíase requetebén. Xa sei que non é o mesmo, posiblemente nin sequera sexa comparable a vida dos príncipes da igrexa coa a vida da tropa, por dicilo dalgunha maneira.
Como recordo do bispo conservamos un crucifixo de bronce con “indulxencias plenarias”. Non me preguntedes qué son as “indulxencias plenarias”, non o sei exactamente. O caso é que llas puxo o bispo e serven para que che sexan perdoados os teus pecados na hora da morte. Explícome: cando unha persoa está maliña hai que poñerlle o crucifixo nas mans para que non sufra na agonía. Vamos, que en vez de facer a viaxe en turista farala en business. É un dicir, non sei si o crucifixo terá as virtudes que se lle atribúen na miña casa, é un misterio máis, unha cuestión de fe.
UN RELATO ESCRITO POR: Alvariño
Colaborador habitual de A Lareira Máxica
6 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
www.opendharma.org
Sete días de silencio, moita paz, moito espazo para a reflexión... Tumbonas non había, pero si unhas colchonetas moi cómodas, con mantiña e coxíns, para non pasar frío.
Seguramente probarei a ir a Samos a pasar unha fin de semana. Dixéronme que é espectacular e moi axeitado para meditar.
Pero por se non te podes mover da casa, tal vez che interese saber que unha parte da meditación do meu retiro fíxena barrendo unha hora cada día ;-)
Bicos.
Pois iso, póñome en off ata setembro. Teño que tomar o sol, estou moi branco. Agora, cando termine de escribir este comentario, vou a enviarlle a Julio o derradeiro relato deste “curso”. En realidade non é un relato, son dous, Cara A e Cara B. Bueno, é un relato con dúas partes. A Cara B é o contrapunto da Cara A. Faille boa falta, a Cara A saíume un pouco dramática. Espero que pasedes un verán estupendo e espero volver por aquí en setembro, bicos para todos.
Efectivamente las emociones son contagiosas, y contra la melancolía no es mal remedio ir fuera del entorno habitual. Quizás un monasterio sea demasaido para mí, pero en esos casos una salido de unos días al campo para recargar pilar siempre vine bien.
¡Nos leemos!
Ps: No encontré el traductor del que hablabais en el foro, pero con un poco de atención y paciencia se entiende bastante bien.
La vida monacal sí que puede estar bien aunque sea dura... Yo tb me irías unos días lejos del estrés de la ciudad y la vida cotidiana...
gracias por pasarte por el blog...
dirty saludos¡¡¡¡¡
Encántanme os relatos de Alvariño. Non sei porqué non se anima a escribir un libro. É fantástico escribindo.
Sobre o do retiro, coido que ás veces é preciso. Vivimos nunha sociedade moi estresada e que apenas se para. E cada vez é peor. Coido que non hai nada mellor que optar por unha paraxe tranquila e relaxada o máis cercana á natureza para escapar de todo isto, tomar aire e reflexionar alonxado do mundanal ruído.
CHRIS: Voulle botar un ollo á páxina.
DEPRISA e DIRTY CLOTHES: Benvidos a A Lareira Máxica. Repetide todas las veces que queráis, por favor!!!
Alvariño: Irei publicando os teus dous relatos durante este agosto. Gracias. É un tesouro incalculable terte como colaborador.
Publicar un comentario