mércores, 4 de xullo de 2007

** QUE RABIA DA CANDO....!! Folletos

C ada día vemos publicados máis folletos redactados en galego. Ata aquí, moi ben. E claro, para iso, para impulsalo, a Xunta da subvencións a quen, ao fin, se decide a publicar a súa información en galego.Vale, ben tamén. O que xa non está nada ben é que os ditos folletos editados en galego non teñan que pasar un control de Política Lingüística [en fin, digo eu que non existe tal control polos fallos monumentais que encontramos nestes...].
Sen ir máis lonxe, hoxe atopei no meu buzón un folleto dunha tenda de mobles. E cal foi a miña sopresa (seguida de indignación) cando, xusto na portada e en tamaño grande, atopei

...Ampliar/recoller resto do artigo [ +/- ]

    "estos prezos vante a convencer". Non é que eu sexa unha gran experta en lingua galega pero aínda así puxéronseme os pelos de punta. Por se acaso, lín outra vez o "titular" en cuestión, pero non tiña problemas de vista. Xa van varios fallos na primeira páxina. Ben, sigo lendo. Páxina 2: "montaxe gratuito". Hai que ver, se a todo o mundo - por pouco que saiba - lle vai soando o das excepcións masculinas de "traxe, paxe, garaxe, personaxe".

    Na mesma páxina, atopamos tamén "estos prezos te van a enamorar, consúltenos sin compromiso". Sigamos: "dormitorio moderno con módulo rincón e tiradores realizados en la propia madeira". Páxina 11: "dormitorio combinado en color roble", etc, etc...

    Ben, pasemos a outro folleto. Esta vez, pretenden vendernos iogures. En pouco máis de 80 palabras falannos dun iogur "ecológico", dunha "cremosidad" impresionante, de leite en femenino e de "ingredintes naturais".

    Pero que raios fai política lingüística cos nosos cartos ??????????????? Non comproba nunca os textos antes da súa publicación? Non piden un exemplar do que se vai publicar antes de dar as subvencións?

    Eu, desde logo, teño claro que só daría a subvención unha vez que todo estivese completamente correcto. Entre iso e a vergoña que sinte un cando escoita falar ós políticos... Que mundo!!!!!!!!!!!!!!!!

    Calypso





QUE RABIA ELABORADO POR: Calypso
Colaboradora habitualde A Lareira Máxica

2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

Moita razón ten Calypso. Parece que so polo feito de que alguen se digne a facer un folleto, cartel ou similar en galego, xa deberíamos darnos por máis que satisfeitos. Non vou chegar ó extremo de dicir que para facelo mal, mellor que o fixeran en castelán, porque a intención tamén conta, pero non é suficiente. Non fai falla ser de política lingüística ou licenciado en filoloxía galego-portuguesa para intentar evitar certos erros garrafais. Certo é que con aquelo de que a normativa do galego está continuamente a cambiar, todos temos dúbidas, erros e demáis. Eu a primeira. Pero un folleto, un cartel etc publicitario o que pretende é iso: publicitar algo, ou sexa, vendernos algo, así que ben podían prestar un pouco de atención a certo tipo de erros que dañan ata a simple vista.

Julio Torres dixo...

Totalmente de acordo con Calypso e con María. Que seguro que logo cobran subvencións por falar mal en galego e todo...

Moi bo artigo Calypso.

Carpe Diem