** As 7 novas marabillas do mundo son......
M ira que dende A Lareira vos pedimos a vosa axuda, pero nada. Ou non quixéchedes, ou non puidéchedes. O certo é que a nosa Alhambra non é marabilla da humanidade. Tiña poucas posibilidades, a verdade, pero aínda así ...
En fin, que lle imos facer. As novas maravillas da era moderna son, dende onte:
- A Gran Muralla china
- O Cristo Redentor de Río de Janeiro
- O Machu Pichu en Perú
- O Taj Mahal na India
- A Pirámide de Chichén Itzá en México
- A cidade de Petra en Xordania
- O Coliseo de Roma, a única marabilla europea.
Como vedes, hai algunhas moi previsibles como poidan ser o Machu Pichu ou a muralla china, pero outras totalmente inesperadas (polo menos para min) como o Cristo de Río de Janeiro ou a pirámide esa mexicana, que seguramente será unha auténtica marabilla desfrutar da súa visión, pero que esta pobre ignorante non sabía nin da súa existencia.
Artigo enviado por: María
Gran Colaboradora de A Lareira Máxica
1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Y me pregunto ¿por que tienen que ser 7 y no 8 o 10? Por que solo 7? Alguien lo sabe? La Alhambra no sé si es una de las 7, pero si es unha de las mejores. Me es igual que sea la 2 que la 5 que la 10. Aunque la mona se vista de seda, si mona es, mona se queda. Y si tenemos un gran monumento lo es auque no quede entre los 7 primeros.
Publicar un comentario