** Enquisa: dereito a votar e xente de fóra
O noso novo colaborador: Drosophyllum, envioume a seguinte ENQUISA:
Que vos parece esta opinión: "Non parece moi lóxico que os cidadáns de fóra que traballan noutro país (sexa España ou calquera outro) e polo tanto pagan os seus impostos no dito país, non teñan dereito a votar en todos os comicios. Parece bastante lexítimo que un teña dereito a decidir sobre quen vai administrar os cartos que paga en concepto de impostos e como o vai facer. Nesa óptica, tamén parecería razoable que esas persoas non puidesen exercer o voto no seu país de orixe, no que xa non residen."
NOTA DO COORDINADOR DO BLOG: O prazo para votar na enquisa remata o vindeiro venres día 13 inclusive.
ENQUISA REMITIDA POR: Drosophyllum
Colaborador de A Lareira Máxica
2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Vaia é ó final ninguén opinou. Como máis vale tarde que nunca dicir que son partidario de que a xente vote onda realmente resida, máis ca no seu país de orixe, pois ó fin e ó cabo onde fai a súa vida e no país de acollida no que reside e paga os impostos habitualmente. Non ten moito sentido que vote no seu país de orixe se xa non vive alí, a pesar de seguir tendo a nacionalidade. Isto é o que acontece, por exemplo, cos emigrantes galegos. Se un día decide voltar definitivamente ó seu país de orixe pois que logo vote, pero mentras tanto no que realmente reside.
Pero so é unha opinión. Xa sei que haberá opinións para tódolos gustos.
¿E o resto que opina?
Vaia!!! Paréceme un tema moi interesante e dende logo, eu tamén son da opinión de que cada un debería votar onde reside, non de onde é. Como ben apunta Julio, se os impostos e as leis en xeral "sufrirémolas" aqueles que residimos onde van ser aplicadas; non entendo pois que sexa xente que nin as vai sufrir nin padecer os que tomen parte na decisión.
Un saúdo!
Publicar un comentario